Novas

'Corazón da Artesanía' amosará ao público os oficios artesáns galegos a través de catro obradoiros dirixidos a adultos e nenos

Corazón da Artesanía 2019

28-6-2019

A iniciativa desenvólvese no marco do VIII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que entre o 5 e o 7 de xullo contará cun total de 66 artesáns de 27 oficios diferentes e 47 expositores de produtos de alimentación O encontro ofrece dous cursos de formación especializada para artesáns e outros profesionais así como talleres de oficios artesanais gratuítos e abertos a todos os públicos

Ampliar nova

Agolada converterase no mellor escaparate dos oficios tradicionais galegos coa celebración da oitava edición de 'Corazón da Artesanía'

Corazón da Artesanía 2019

26-6-2019

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, acompañada da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, presentaron hoxe o encontro que terá lugar na localidade pontevedresa do 5 ao 7 de xullo. Un total de 66 artesáns de 27 oficios diferentes e 47 expositores de produtos de alimentación participarán no evento no que a Artesanía de Galicia comparte o entorno único dos Pendellos coa gastronomía gourmet e a música. A iniciativa ‘Artesanía no Prato’, na que colabora Galicia Calidade, contará coas demostracións dos chefs Lucía Freitas, Héctor López, Javier Rodríguez “Taky” e Alén Tarrío, así como do barista Óscar de Toro e da enóloga Cristina Murga A programación musical estará protagonizada polas actuacións de Baiuca, Fanfarria Taquikardia, Moreno Moreno, Chus Silva Dj e Xirandaina Os visitantes poderán participar nos obradoiros abertos a adultos e nenos para iniciarse no torno cerámico, o manipulado de papel, a creación de cianotipias e a pintura sobre tecido A Fundación Artesanía de Galicia oferta ademais cursos de formación especializada para artesáns e outros profesionais

Ampliar nova

O Pop Up Galicia, Saberes e Sabores regresa a Madrid esta Semana Santa para presentar o mellor da artesanía e a gastronomía da comunidade

Tenda Pop up Galicia. Saberes e Sabores.

9-4-2019

Entre o 12 e o 21 de abril a esencia de Galicia poderase tocar e saborear no Palacio de Santa Bárbara na terceira edición deste evento no que a marca Artesanía de Galicia compartirá espazo con produtos gastronómicos de calidade, talleres abertos para familias e showcookings de cociñeiros galegos de prestixio. Na iniciativa haberá unha selección de pezas de arredor de 50 profesionais da artesanía galega e contarase coa presenza de nove obradoiros e dez expositores de produtos gastrónomicos.

Ampliar nova

Conde destaca a incorporación de novos talentos e visións a un sector artesán competitivo e renovado

2-4-2019

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, entregou hoxe as cartas de artesán aos participantes no programa da Xunta para a formación dual de aprendices. Na primeira edición da iniciativa participaron 48 bolseiros, que puideron aprender oficios tradicionais como a xoiaría, a cerámica, a cestería, a encadernación, a vidrería, o téxtil ou a construción de embarcacións. A nova convocatoria do programa está aberta á presentación de solicitudes ata o vindeiro 16 de setembro

Ampliar nova