Obtención ou renovación da carta de artesán/á

Obtención ou renovación da carta de artesán/á

 

Obxecto

Os artesáns e as artesás que cumpran os requisitos que se sinalan a continuación poderanlle solicitar á Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a inscrición no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. A concesión da carta de artesán/á é por un período de cinco anos e pódese renovar coa presentación dunha nova solicitude.

 

Requisitos

Os que se recollen no artigo 12 do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía.

  1. Ter superado cursos en centros de ensino que impartan formación artesá cunha duración mínima de 500 horas.
  2. Ter traballado nun obradoiro artesanal, debidamente inscrito, baixo a dirección dun mestre artesán, recoñecido como tal pola consellería competente en materia de artesanía, cunha asistencia mínima de 500 horas.
  3. Exercer unha actividade artesanal que supoña a creación, produción, restauración ou reparación de bens de valor artístico ou popular, así como a prestación de servizos, sempre que estes se presten ou obteñan mediante procesos nos que a intervención persoal constitúe un factor predominante e o produto final sexa de factura individualizada e distinta da propiamente industrial, tal e como se establece no artigo 2, apartado 1º, da Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia. (Isto pode ser acreditado por unha asociación profesional de artesáns). 

 

Normativa autonómica

Documentación

  • Solicitude normalizada.
  • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
  • Certificado de residencia da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
  • Memoria das actividades profesionais realizadas. A memoria deberá explicar tanto as materias primas que emprega como a metodoloxía de fabricación das súas obras (ferramentas utilizadas e proceso de elaboración), todo acompañado de exemplos de tipo gráfico (debuxos ou fotografías). Máximo 6 folios.
  • Certificado ou documento acreditativo dalgún dos requisitos que se recollen no artigo 12 do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía.

 

Solicitude

Prazo de resolución: 6 meses

 

Información

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Edificio Administrativo San Caetano
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 545 591
Fax: 981 545 541
cei.dxcomercio@xunta.gal