Feito de estrelas; os roteiros da forma: Un percorrido pola artesanía contemporánea galega

Catálogo das exposicións

Xa podedes consultar o catálogo das exposicións organizadas en colaboración coa Fundación RAC para amosar as propostas máis contemporáneas da artesanía galega. 

  • Feito de estrelas é unha retrospectiva do traballo do ebanista Frank Buschmann, gañador do Premio Artesanía de Galicia 2019
  • Os roteiros da forma é unha mostra colectiva cunha selección de pezas de 14 obradoiros da marca Artesanía de Galicia que reflicten as converxencias entre a artesanía e as artes visuais contemporáneas.
Portada e contraportada do catálogo

Sabedoría nas mans

Google Arts&Culture

Un percorrido polos oficios tradicionais da artesanía galega a través dos obradoiros situados nos Camiños de Santiago. Unha exposición virtual que forma parte do proxecto ¡Buen Camino! impulsado pola Xunta de Galicia en Google Arts & Culture, no marco do Xacobeo 21-22. 
Coñece os nosos oficios
 

Portada Sabedoría nas mans

Revista Obradoiro de Artesanía

Publicación anual de Artesanía de Galicia
Xuño 2021

Consulta aquí a edición completa do novo número de Obradoiro de Artesanía, unha revista especializada na divulgación e promoción dos oficios artesanais galegos. Un escaparate heteroxéneo, reflexo da riqueza e da calidade da Artesanía de Galicia. 

Descarga a revista

Portada Obradoiro de Artesanía 19

Premios Artesanía de Galicia 2021

Aberta a convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia cos que se recoñecen a traxectoria, a creatividade e o talento do sector artesán galego.
Presentación de candidaturas do 15 ao 29 de outubro
 

Premios Artesanía de Galicia 2021

App Talleres Abiertos

Descárgate a APP móvil "Talleres Abiertos", que te permitirá descubrir cada recuncho de España a través da súa artesanía.

Se traballas nun taller artesanal e estás aberto a recibir visitas para dar a coñecer o teu oficio podes rexistrar o teu obradoiro nesta app de promoción do sector artesán desde aquí

App Talleres Abiertos

Os obradoiros

Os oficios

Téxtil e moda
Cerámica e olería
Xoias e bixutería