Novas

A Xunta achégalle aos máis pequenos o oficio dos zoqueiros a través da figura de Elena Ferro

14/05/2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron esta mañá no CEIP Monte dos Postes de Santiago á primeira das demostracións incluídas no programa ‘Artesanía na Escola‘. Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019, é a protagonista de ‘Eu son zoqueira’, a primeira das unidades didácticas deste proxecto de divulgación da artesanía entre os máis novos impulsado polo Goberno galego.

O obradoiro galego de tornería de madeira de Aitor Martínez recibe o premio ao talento emerxente do Círculo Fortuny

10/05/2024

O artesán obtivo o galardón a Joven Promesa na terceira edición dos Premios Maestro Artesano impulsados polo Círculo Fortuny. Aitor Martínez, pertencente á marca Artesanía de Galicia, xa resultara finalista nos Premios Nacionais de Artesanía 2022, na categoría Premio Emprendemento.

A Xunta destaca o novo taller de xastrería de Fernando Freire como exemplo de emprendemento artesán e transmisión dun oficio tradicional

10/05/2024

O director xeral de Comercio e Consumo, acompañado da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, destacou o papel da artesanía como xerador de emprego e dinamizador do comercio durante a inauguración deste obradoiro en Santiago. Fernando Freire é docente dun dos cursos de especialización do programa ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’ impulsado pola Xunta para mellorar a capacitación profesional dos artesáns galegos e garantir a remuda nos oficios tradicionais. Esta iniciativa vinculada á xastrería artesanal é pioneira en España e o obxectivo do Goberno galego é continuar nesta liña para seguir formando futuros xastres.

A Xunta promove a conservación e a remuda da olería tradicional de Buño

09/05/2024

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse ata a Casa do Oleiro para coñecer os resultados do curso de formación ‘Formas tradicionais da olería de Buño’ impartido dende finais de ano por Antonio Pereira ‘O Rulo’. O curso enmárcase no proxecto ‘Aprender da Tradición. Oficios e técnicas’, impulsado pola Xunta en 2023 para conservar e renovar técnicas e oficios tradicionais co gallo de mellorar a capacitación dos artesáns galegos e de captar novos talentos para o sector.

A Xunta impulsa en Chantada o oficio da ourivería a través dun obradoiro colaborativo esta fin de semana

04/05/2024

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá esta actividade na que se está a elaborar unha xoia para a virxe do Faro, dirixida pola ourive compostelá Susi Gesto.