Artesanía de Galicia en Merza

Marzo, abril, maio, xuño e xullo 2026
En colaboración co obradoiro Eferro

Artesanía de Galicia en Merza é un novo proxecto de comercialización do produto artesán galego que organizamos con periodicidade mensual en colaboración con Elena Ferro no seu novo espazo de actividades culturais e lúdicas eferroGhalpón, en Merza (Vila de Cruces). En cada evento participarán 10 profesionais de Artesanía de Galicia, haberá actividades musicais e diferentes obradoiros abertos e gratuítos para o público adulto e infantil. 
Datas previstas: 14 de marzo, 11 de abril, 9 de maio, 13 de xuño e 11 de xullo de 2026.

Cartel Artesanía de Galicia en Merza

Fibranzas. Laboratorio das Fibras Vexetais

Perfeccionamento
Marzo 2026 - Marzo 2027

Perfeccionamento de Fibranzas. Laboratorio das fibras vexetais desenvolverase entre marzo de 2026 e marzo de 2027 e estará enfocado no afondamento das técnicas vinculadas á cestería e nas súas posibilidades no ámbito da artesanía contemporánea. 

Fibranzas enmárcase no proxcto formativo Aprender da tradición. Oficios e técnicas impulsado pola Xunta co que se busca recuperar e transmitir os saberes artesanais, mellorar a profesionalización e atraer a novos talentos ao secto.

Consulta o programa completo

Inscríbete aquí 

Cartel Fibranzas Perfeccionamento

Da Néboa Pódcast

Conversas con artesás e artesáns de Artesanía de Galicia
Tempada 2

A Fundación Artesanía de Galicia patrocina "Da Néboa", o primeiro pódcast dedicado exclusivamente a profesionais de Artesanía de Galicia.A través dun formato cercano e reflexivo, Da Néboa realiza unha viaxe pola artesanía como un xeito de vida, unha expresión de identidade e un territorio fértil para a experimentación. Podedes ver todos os capítulos a través de Youtube e nas plataformas de Spotify, Ivoox e Apple. 

Imaxe tempada 2

Revista Obradoiro de Artesanía

Publicación anual de Artesanía de Galicia
Xuño 2025

Está dispoñible xa o novo número da nosa revista Obradoiro de Artesanía, unha publicación especializada na divulgación e na promoción dos nosos oficios artesanais e do talento dos profesionais do noso sector.

Descarga a revista completa

Portada Obradoiro de Artesanía 23

Premios Artesanía de Galicia 2025

Presentación de candidaturas do 15 ao 26 de setembro de 2025
  • Premio Artesanía de Galicia 2025 - 9.000 €
  • Premio Traxectoria 2025. Carácter honorífico
  • Premio Bolsas Eloy Gesto 2025: 3 Bolsas dotadas con 4.000€ para investir nun centro de formación de prestixio. Dirixido a profesionais da Artesanía de Galicia de ata 45 anos de idade

Bases da convocatoria

Cartel Premios Artesanía de Galicia 2025

Os obradoiros

Os oficios

Xoias e bixutería
Cerámica e olería
Téxtil e moda