Fibranzas. Laboratorio das fibras vexetais. Perfeccionamento

Número de prazas
8
Lugar de celebración
Os Casares (San Cristovo de Mouricios, Chantada - Lugo)
Data de inicio
27/03/2026
Descrición datas e horarios
A formación consta de 216 horas, desenvolvidas en oito talleres entre os meses de marzo de 2026 e marzo de 2027.
A duración de cada un dos talleres varía entre dous e cinco días, en función do tipo de taller, ata un total de 27 días.
Descrición

A Fundación Artesanía de Galicia presenta o curso de perfeccionamento Fibranzas. Laboratorio das fibras vexetais, que se desenvolverá en San Cristovo de Mouricios (Chantada) entre os meses de marzo de 2026 e marzo de 2027 e enfocado no afondamento das técnicas vinculadas á cestería e nas súas posibilidades no marco da artesanía contemporánea. Este curso forma parte do proxecto Aprender da Tradición. Oficios e Técnicas e está composto por cinco módulos cun total de 216 horas de formación e será a continuación do iniciado en marzo de 2025, impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración co Espacio Vilaseco e Os Casares, e coordinado por Idoia Cuesta (Outeiro de Rei). 

Módulo I. Obtención de fibras vexetais cesteables.

Técnicas de poda, recolección e preparado de fibras vexetais. Impartido por Enrique Táboas e Pau Trepat. 27, 28 e 29 de marzo.

Módulo II. Técnicas complementarias e estruturas. 

Estruturas tecidas de vimbio, paneis... Impartido por Pau Trepat e Idoia Cuesta. 27, 28 e 29 de abril

Encordado de cadeiras con enea e outras fibras vexetais. Impartido por Tomeu Perelló. 4, 5, 6 e 7 de xuño 

Módulo III. Deseño e produción de obxectos.

Deseño de produto: Obxectos, mobiliario… Impartido por Andreu Carulla. 31 de agosto, 1, 2 e 3 de setembro 

Técnica perigordense “bouyricou". Impartido por Karen Gossart e Corentin Laval. 19, 20 e 21 de outubro

Técnica hexagonal e deseño creativo con láminas de castiñeiro. Impartido por Idoia Cuesta e Enrique Táboas. 21, 22 e 23 de novembro 

Módulo IV. Técnicas tradicionais avanzadas.

Técnicas de tecido das corozas galegas. Impartido por Álvaro Leiro. 29, 30 e 31 de xaneiro de 2027

Módulo V. Proxectos e técnicas inspiradores. 

Proxecto paisaxístico con fibras vexetais: Pont de Querós. Impartido por Joan Farré. 17, 18, 19 e 20 de marzo de 2027

 

Importante: Nesta acción formativa de perfeccionamento teñen prioridade os participantes seleccionados na primeira edición de Fibranzas. Na solicitude de participación débese achegar unha bio profesional e carta de motivación.