A marca
Artesanía de Galicia é a marca, propiedade da Xunta de Galicia, que representa os profesionais que conforman o sector artesán galego. O obxectivo principal de Artesanía de Galicia é servir de marca paraugas ofrecendo unha imaxe común, harmónica, coordinada e representativa dos produtos artesanais galegos. Un selo de prestixio que constitúe un sinal de identidade propia e garantía de calidade para os consumidores.
A Xunta de Galicia facilítalle, tanto aos obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía como ás tendas adheridas á marca, a adquisición do material de packaging da marca e un indicador personalizado.
A marca Artesanía de Galicia créase no ano 2001 a petición do sector artesán, converténdose nunha marca oficial cun regulamento propio e facendo de Galicia a primeira Comunidade Autónoma cunha marca destas características.
Consulta os obradoiros que forman parte de Artesanía de Galicia
Consulta as tendas adheridas á marca