Novas
A Xunta celebra que Galicia sexa a comunidade con máis finalistas nos XIX Premios Nacionais de Artesanía cun total de cinco candidaturas
Os ceramistas de Barreiros Artesanía e a deseñadora e redeira Amalia Puga optan ao Premio Produto, mentres que Sandra Vilas —especializada en feltro— é candidata por segundo ano consecutivo ao Premio Emprendemento. A Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (Apamp) concorre ao Premio Promociona Entidades Privadas 2026 pola súa marca de produtos artesanais A Casa Rodante, inscrita en Artesanía de Galicia. A Fundación Artesanía de Galicia volve optar ao Premio Promociona para Entidades Públicas polo seu programa formativo ‘Aprender da tradición’, enfocado na mellora da capacitación e no fomento da remuda xeracional no sector artesán.
Aberto o prazo de inscrición para obradoiros de oficios artesanais en Ribadavia no marco do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas
Trátase de tres cursos de formación en técnicas de gancho impartidos por Lola García, do obradoiro Logaro (Ourense), que se desenvolverán na Casa Artesanía de Galicia os días 17 e 18 de outubro.
A Xunta impulsa hoxe e mañá en Chantada un obradoiro sobre o emprego de pinturas naturais na construción
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou aos participantes no taller, que esgotou as prazas dispoñibles. O obxectivo é dar a coñecer a riqueza dos pigmentos naturais autóctonos de cada territorio e o seu uso construtivo. O curso está impartido por Luis Prieto, mestre artesán da construción vernácula, e dá continuidade ás xornadas sobre arquitectura tradicional que se celebraron a pasada fin de semana.
A Xunta destaca en Chantada o papel dos oficios artesanais na arquitectura contemporánea
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración das Xornadas ‘Oficio, arquitectura e territorio’ que se celebran ata o domingo co obxectivo de vincular arquitectura, territorio, técnicas artesanais e creación contemporánea
As xornadas están comisariadas por Alejandro García Hermida, director da Fundación Culturas Constructivas Tradicionales, e entre os poñentes atópanse mestres artesáns de prestixio como Paco Luis Martos, Miguel Ángel Tapia, Luis Prieto ou Jesús Adeva. As xornadas compleméntanse cun taller sobre pinturas naturais aplicadas á construción, que se desenvolverá entre o luns 28 e o martes 29 de setembro. Trátase da cuarta edición dunha iniciativa impulsada polo Goberno galego dende 2023 para promover a modernización e a innovación do sector artesanal galego tomando como base os oficios tradicionais, os recursos locais e o rural.
A Xunta inicia a segunda fase do seu programa de formación especializada para mulleres artesás do ámbito rural
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, foi o encargado de abrir hoxe en Santiago de Compostela a xornada desta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. As 16 seleccionadas para participar nesta fase do programa recibirán durante o mes de outubro un asesoramento individualizado que lles permitirá impulsar os seus proxectos profesionais.