Novas
Belén do Campo visita a XLI Mostra da Olería de Buño e destaca o apoio do goberno galego ao relevo xeneracional e á proxección da alfarería tradicional
A delegada da Xunta percorreu os stands dos talleres participantes e asistiu á demostración de torno a cargo dun ceramista de Risco Estudio. A representante do Goberno autonómico lembrou que Buño é o centro de olería tradicional máis activo de Galicia e un dos principais referentes do sector artesanal, motivo polo que o Goberno galego mantén unha aposta decidida pola súa conservación e desenvolvemento mediante iniciativas de promoción, formación e divulgación.
A Xunta impulsa en Tui tres cursos de formación en oficios artesanais no marco do Festival Música no Claustro
Tras dez anos de colaboración continuada con este evento de referencia, a Xunta cambia o formato de ‘Resonancias’ para converterse nun lugar de espazo de práctica dos oficios artesanais vinculados á construción de instrumentos musicais. A Fundación Artesanía de Galicia abre as inscricións para dous cursos de mantemento de instrumentos musicais e un de ilustración, que se celebrarán en Tui entre os días 4 e 6 de agosto.
A Xunta recoñecerá a creatividade, a mestría e os novos talentos do sector artesán nos premios Artesanía de Galicia 2026
O DOG publica hoxe as bases da convocatoria das tres categorías que conforman estes galardóns: Premio Artesanía de Galicia, Premio Traxectoria e as tres Bolsas Eloy Gesto. As candidaturas poderanse presentar entre o 21 de setembro e o 1 de outubro de 2026, de xeito telemático salvo no caso do Premio Artesanía de Galicia, que deberá realizarse presencialmente na sede da Fundación Artesanía de Galicia. Os Premios Artesanía de Galicia teñen como obxectivo principal recoñecer e visibilizar o traballo do sector divulgando os seus oficios, incentivando aos novos talentos promovendo a remuda xeracional e apostar pola introdución da innovación.
A Xunta clausura hoxe en Boiro unha nova Feira galega de artesáns
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá a ‘Feira Galega de Artesáns’ que arrancou o pasado venres e na que participan 14 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia. O evento forma parte do calendario de feiras de venda directa impulsadas pola Asociación Galega de Artesáns (AGA) co patrocinio da Xunta e que se celebrarán en diferentes localidades ata o mes de setembro. A visita serviu para lembrar a nova liña de axudas cun orzamento de 1 M€ para contratos formativos de aprendices en oficios tradicionais, con prazo de solicitude aberto deica o 30 de setembro ou ata o esgotamento do crédito.
A Xunta pon en valor o mercado ‘Sabor a novo’ que se celebra esta fin de semana en Santiago
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse hoxe ata o Pazo de San Lourenzo para apoiar os 13 obradoiros de Artesanía de Galicia que participan. Puxo de relevo que están especializados no debuxo, bixutería, talla e xoguetes de madeira, marroquinería, xoiería, cerería, complementos de moda, encaixe e cerámica. A visita serviu para lembrar a nova liña de axudas cun orzamento de 1 M€ para contratos formativos de aprendices en oficios tradicionais, con prazo de solicitude aberto deica o 30 de setembro ou ata o esgotamento do crédito.