Novas
A Xunta impulsa en Chantada a técnica tradicional do esgrafiado de paredes
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse ata o espazo dos Casares, onde hoxe remata o curso impartido pola artista Gloria García Lorca, pola ceramista Loaira Pérez e pola artesá especialista en construción Carola Carrot. O curso estivo orientado á experimentación con técnicas antigas e artesanais para a súa posterior aplicación a linguaxes contemporáneas. A visita serviu para lembrar a nova liña de axudas cun orzamento de 1 M€ para contratos formativos de aprendices en oficios tradicionais, con prazo de solicitude aberto deica o 30 de setembro ou ata o esgotamento do crédito.
A Xunta reafirma o seu compromiso co concello de Xermade en favor da recuperación e posta en valor do oficio da tornería de madeira
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, e a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participaron hoxe na inauguración do Centro Internacional de Tornería A Reitoral. Poñendo de relevo este espazo de referencia para a formación, a demostración e a divulgación do oficio, a Xunta revalidou o seu apoio á organización do ‘Encontro Internacional de Torneiros da Madeira’ en setembro, consolidado a nivel europeo. A visita serviu para lembrar a nova liña de axudas cun orzamento de 1 M€ para contratos formativos de aprendices en oficios tradicionais, con prazo de solicitude aberto deica o 30 de setembro ou ata o esgotamento do crédito.
A Xunta achégalle os oficios artesanais á xuventude a través do campamento de verán ‘Arte nas mans’
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse hoxe ata a segunda edición da iniciativa que se está a desenvolver en Allariz, dirixida a persoas de entre 18 e 30 anos. Dentro do programa Modo Verán Activo do Goberno galego, as 29 persoas participantes iniciaranse en diferentes técnicas e oficios artesanais como a cerámica, o bordado, a marroquinería, o tecido ou o tinguido. Os representantes autonómicos aproveitaron para lembrar a nova liña de axudas cun orzamento de 1 M€ para contratos formativos de aprendices en oficios tradicionais.
A Xunta celebra hoxe a edición de xullo de ‘Artesanía de Galicia en Merza’ para seguir promovendo a comercialización do produto artesán galego
Este sábado ten lugar unha nova edición mensual deste evento impulsado polo Goberno galego en colaboración co obradoiro Eferro, con 10 obradoiros da marca Artesanía de Galicia e actividades complementarias como un taller gratuíto de macramé.
A Xunta de Galicia impulsa en Ribadavia un obradoiro de xoiería coa técnica de bordado ao aire dentro do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas
A Casa da Artesanía de Galicia acolle esta fin de semana a formación impartida por Zeltia Rodríguez no marco da iniciativa pioneira de revitalización comercial que busca converter espazos en desuso en negocios rendibles e xeradores de emprego.