Revista Obradoiro de Artesanía
Obradoiro de Artesanía é unha publicación especializada en artesanía, editada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Esta revista pretende amosar un escaparate da ampla diversidade e riqueza do produto artesán galego, ao tempo que establece unha canle de comunicación do sector coas diferentes liñas de actuación do goberno galego en materia de artesanía, así como unha plataforma de encontro entre a artesanía e outros sectores de interese coma o turismo, a gastronomía, a arte, a moda, a arquitectura ou a educación.
Podes descargar todos os números da revista nas seguintes ligazóns: