Fundación Pública Artesanía de Galicia
A Fundación Pública Artesanía de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que depende da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. Entre os seus cometidos primordiais atópase o desenvolvemento de liñas de investigación destinadas a especializar e perfeccionar técnicas de elaboración que permitan mellorar a calidade dos produtos artesanais ademais de optimizar o proceso produtivo xa que se entende que a innovación, o deseño e a calidade son as bases coas que conta a artesanía para sobrevivir.
O principal fin da Fundación, creada no ano 2003, é dotar o sector artesanal dunha infraestrutura especializada para que poida desenvolver programas de asistencia, formación, innovación, catalogación, promoción, comercialización e calquera outro aspecto inherente á cultura dos oficios artesanais en Galicia.
Horario de atención ao público: de 8:00 a 15:00 horas.
Padroado da Fundación
Presidente
D. José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
Vogais
D. Joaquín Macho Canales, secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
D. Gabriel Alén Castro, director xeral de Comercio e Consumo
D. Ángel Miramontes Carballada, director xeral de Patrimonio Cultural
D. Manuel Vila López, secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dª. Laura Fontenla Fontenla, subdirectora xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial
Dª. Mª Asunción García Cao, xefa de servizo de Promoción Comercial e Artesanía da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
D. Óscar Rodríguez Blanco, representante do sector artesanal pertencente á Comisión Galega de Artesanía
Dª. Susana E. González Amado, representante do sector artesanal pertencente á Comisión Galega de Artesanía
Secretaria
Dª. Cristina Sánchez Cajaraville, xefa de Sección Xestión II no Servizo de Normativa, Innovación e Ordenación Comercial da Dirección Xeral de Comercio e Consumo