Feiras e eventos internacionais

Feiras e eventos internacionais

A promoción da marca Artesanía de Galicia no ámbito internacional é un paso clave para o desenvolvemento do sector artesán galego. Atendendo á cada vez maior globalización dos mercados, o sector artesán conta cun importante apoio da Administración á comercialización, promovendo a  participación do sector en feiras profesionais nacionais e estranxeiras e feiras de carácter non profesional en España.

Dende o ano 2013 a Fundación Pública Artesanía de Galicia participa cun stand institucional en feiras profesionais do sector hábitat como Formex en Estocolmo -a maior feira de deseño nórdico de interiores- e a London Design Fair –cita obrigada no eido do deseño europeo-.

No marco destes eventos apreciamos a posta en valor e interese do público por coñecer a autoría e procesos que se agochan detrás de cada unha das pezas de Artesanía de Galicia.  Froito destas relacións iniciais establécense importantes contactos con tendas e distribuidores europeos que apostan polos nosos produtos artesáns e valoran o feito a man, o slowmade e a historia que subxace detrás de cada unha das pezas.