Días Europeos da Artesanía

Días Europeos da Artesanía

Desde o 2012, Artesanía de Galicia participa na celebración dos Días Europeos da Artesanía, que conta coa participación de preto de 20 países europeos, ofrecendo unha mirada diferente á diversidade da creación artesá. Esta iniciativa, promovida en España pola Fundación Española para la Innovación de la Artesanía (Fundesarte), é coordinada en Galicia pola Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Ao longo dunha semana, actividades gratuítas aproximan a visitantes de todas as idades á esfera da creación artesanal. Organízanse feiras, xornadas de portas abertas en obradoiros, demostracións en directo, exposicións, talleres ou actividades infantís. Son sete días en torno á artesanía, nos que se invita a participar a artesáns que desexen amosar as súas creacións e compartir os seus procedementos de traballo co público.