Pop-up Galicia. Saberes y sabores

Pop-up Galicia. Saberes y sabores

POP UP GALICIA, SABERES Y SABORES 

Palacio de Santa Bárbara. MADRID

O Pop Up Galicia, Saberes y Sabores ofrece anualmente en Madrid un espazo para sentir a artesanía e a gastronomía, para tocar e saborear a esencia de Galicia. Con este proxecto, iniciado en 2017, ofrécese unha imaxe coidada de Artesanía de Galicia e os nosos artesáns unida a produtores de alimentación, co obxectivo de crear un espazo de calidade do produto galego mediante unha suma de esforzos.

O Palacio de Santa Bárbara acolle nun coidado marco expositivo unha escolma de profesionais da artesanía galega e expositores de produtos gourmet, así como unha zona de exposición e venda dunha selección de produtos da marca Artesanía de Galicia. 

No marco desta iniciativa organízanse ademais actividades artesanais e gastronómicas, degustacións, catas e presentación de produtos, así como talleres abertos para familias e showcookings con recoñecidos cociñeiros galegos. En paralelo, a Terraza Galicia, que conta con especialidades galegas no menú, configúrase como punto de encontro gastronómico e de ocio.

A confluencia entre Artesanía de Galicia e a gastronomía galega amosan todo o seu potencial, apostando pola colaboración mutua para continuar fortalecendo unha comunicación que propicie a innovación e as colaboracións transversais e que achegue un valor engadido a cada especialidade.