Campañas Artesanía de Galicia

Campañas Artesanía de Galicia

Artesanía de Galicia é unha marca paraugas que recolle un conxunto de produtos resultado do traballo dos nosos artesáns e artesás que crean e dotan de personalidade as pezas que elaboran, recollendo o testemuño de métodos ancestrais pero transmitindo esa pegada persoal e contemporánea como profesionais adaptados ao seu tempo. 

A artesanía recobra novos valores, entre os que cabe destacar a baixa pegada ecolóxica; a transmisión de identidades culturais e patrimoniais ligadas ao territorio; o valor do feito a man e o plus da súa diferenciación; a aposta pola innovación, as novas ferramentas e a profesionalización do sector. 

De todo isto quixémonos facer eco desde Artesanía de Galicia coa elaboración de tres campañas publicitarias desde o ano 2010 fusionando o tradicional e o contemporáneo. O obxectivo claro que perseguimos é presentar aos consumidores unha imaxe de elegancia, exclusividade, modernidade e autenticidade que amose a diversidade, calidade e heteroxeneidade do produto artesán galego.