Novas

A Xunta reafirma o seu compromiso coa olería tradicional no XII encontro de Cacharreiros de Niñodaguia

14/08/2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta mañá na inauguración desta cita, que conta un ano máis coa colaboración do Goberno galego. Niñodaguia destaca pola súa olería tradicional caracterizada pola cor amarela do barro da zona e polas técnicas e formas vinculadas ao patrimonio local e ao territorio. Ademais, a Fundación Artesanía de Galicia colabora hoxe tamén en Lobios coa décima edición da ‘Festa da malla e da feira de artesanía e produtos locais’ organizada pola Asociación de veciños de Puxedo.

A Xunta leva a Artesanía de Galicia a Merza co obxectivo de promover a comercialización do produto artesán e dinamizar o rural

08/08/2026

A iniciativa ‘Artesanía de Galicia en Merza’ é un programa de feiras mensuais impulsado polo Goberno galego en colaboración co obradoiro Eferro que se están a celebrar dende o pasado mes de abril. Ata as 20,00 h. desta tarde celébrase no Eferroghalpón a edición do mes de agosto deste evento na que se inclúe a participación de oito obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia e un taller aberto de pintura sobre téxtil. A programación complétase coa actuación musical do grupo Feitizo de Pau ás 13,30 h. e o monólogo de Leti da Taberna, que terá lugar a partir das 19,00 h.

A Xunta salienta o papel de Mostrart na comercialización e posta en valor dos produtos artesáns galegos

04/08/2026

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou a 42ª edición desta cita de referencia, na que participan 56 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Aberta ata o vindeiro 30 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez, combina postos de venda directa, actividades divulgativas e visitas guiadas para achegar os diferentes oficios á cidadanía.

A Xunta pon en valor o oficio da construción artesanal de instrumentos musicais a través da iniciativa ‘Resonancias 26’

03/08/2026

A Fundación Artesanía de Galicia colabora co Festival Música no Claustro a través de tres cursos de formación que terán lugar entre mañá e o xoves relacionados co mantemento dos instrumentos musicais e coa creación dun caderno ilustrado que documente o festival.

Belén do Campo destaca en Mostrart o papel da artesanía galega como motor de emprego, innovación e remuda xeracional

01/08/2026

A delegada da Xunta participou na inauguración da 42º edición da feira que reúne, ata o 30 de agosto, nos xardíns de Méndez Núñez, a 68 expositores de artesanía.