Novas

A Xunta organiza en Chantada unhas xornadas sobre os oficios artesanais ligados á construción tradicional

13/09/2026

A Fundación Artesanía de Galicia organiza o encontro 'Oficio, arquitectura e territorio', que se celebrará os días 26 e 27 de setembro e co que se busca vincular a arquitectura co territorio e coa artesanía contemporánea. Este encontro constitúe a cuarta edición dunha iniciativa posta en marcha polo Goberno galego en 2023, en colaboración co Espacio Vilaseco e Os Casares, para promover a modernización e a innovación do sector artesanal. As xornadas complétanse ademais cun obradoiro de formación práctica sobre pinturas naturais aplicadas á construción actual que impartirá o artesán Luis Prieto os días 28 e 29 de setembro.

A Xunta celebra a edición mensual de ‘Artesanía de Galicia en Merza’ dentro da Eferro Foliada

12/09/2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe no obradoiro de Eferro a edición de setembro do evento impulsado polo Goberno galego en colaboración coa zoqueira artesá Elena Ferro. Participan 10 expositores de Artesanía de Galicia especializados na cestería, na bixutería, na sombreirería, nos instrumentos musicais, na encadernación e no téxtil. A programación impulsada pola Fundación Artesanía de Galicia inclúe tamén dous obradoiros abertos e gratuítos de iniciación ao torno cerámico e á xoiería en macramé.

A Xunta destaca a aposta do mercado 'Artesanamente' pola Artesanía de Galicia e pola gastronomía

11/09/2026

O director de Comercio e Consumo participou esta mañá na presentación da segunda edición desta cita, que terá lugar en Santiago os días 18, 19 e 20 de setembro, con 24 expositores de Artesanía de Galicia e 16 de Artesanía Alimentaria. Gabriel Alén explicou que a iniciativa busca favorecer a venda de creacións artesanais, visibilizar os distintos oficios e fomentar entre a cidadanía hábitos de consumo responsables, baseados na proximidade, a orixe e a identidade propia. A programación inclúe exhibicións en directo de técnicas tradicionais e contemporáneas, con propostas dedicadas á marroquinería, o encaixe, a forxa, a elaboración de zocas e o paper art.

A Xunta destaca o crecemento e a traxectoria consolidada da feira ‘Mostrart’ na divulgación do selo artesanía de Galicia

26/08/2026

O director xeral de Comercio e Consumo visitou hoxe a 42ª edición da feira ‘Mostrart’, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio do Goberno galego e que permanecerá aberta ata o 30 de agosto nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña. Gabriel Alén puxo en valor os 45 obradoiros de diferentes oficios que participan durante a segunda quincena deste mes na cita, que combina postos de venda directa, actividades e visitas guiadas a prol da difusión da artesanía entre a cidadanía.

A Xunta impulsa en Sanxenxo novas fórmulas de comercialización da Artesanía de Galicia

19/08/2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegáronse esta mañá ata a tenda efémera Summer Shop D-Due & Artesanía de Galicia, aberta ao público ata finais de mes. Xunto coas prendas da marca de roupa D-Due, na tenda pódense atopar pezas de 35 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia, especializados en distintos oficios como a cerámica, o coiro, os complementos de moda ou a olería, entre outros.