Novas
A Xunta impulsa hoxe e mañá en Chantada un obradoiro sobre o emprego de pinturas naturais na construción
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou aos participantes no taller, que esgotou as prazas dispoñibles. O obxectivo é dar a coñecer a riqueza dos pigmentos naturais autóctonos de cada territorio e o seu uso construtivo. O curso está impartido por Luis Prieto, mestre artesán da construción vernácula, e dá continuidade ás xornadas sobre arquitectura tradicional que se celebraron a pasada fin de semana.
A Xunta destaca en Chantada o papel dos oficios artesanais na arquitectura contemporánea
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración das Xornadas ‘Oficio, arquitectura e territorio’ que se celebran ata o domingo co obxectivo de vincular arquitectura, territorio, técnicas artesanais e creación contemporánea
As xornadas están comisariadas por Alejandro García Hermida, director da Fundación Culturas Constructivas Tradicionales, e entre os poñentes atópanse mestres artesáns de prestixio como Paco Luis Martos, Miguel Ángel Tapia, Luis Prieto ou Jesús Adeva. As xornadas compleméntanse cun taller sobre pinturas naturais aplicadas á construción, que se desenvolverá entre o luns 28 e o martes 29 de setembro. Trátase da cuarta edición dunha iniciativa impulsada polo Goberno galego dende 2023 para promover a modernización e a innovación do sector artesanal galego tomando como base os oficios tradicionais, os recursos locais e o rural.
A Xunta inicia a segunda fase do seu programa de formación especializada para mulleres artesás do ámbito rural
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, foi o encargado de abrir hoxe en Santiago de Compostela a xornada desta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. As 16 seleccionadas para participar nesta fase do programa recibirán durante o mes de outubro un asesoramento individualizado que lles permitirá impulsar os seus proxectos profesionais.
A Xunta abre mañá o prazo para a presentación de candidaturas aos Premios Artesanía de Galicia 2026
Ata o vindeiro 1 de outubro poderanse presentar as propostas para as tres categorías: Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000€, Premio Traxectoria, de carácter honorífico, e as tres Bolsas Eloy Gesto, dotadas con 4.000€ cada unha.
A Xunta destaca o papel do Encontro internacional de torneiros da madeira de Xermade na potenciación deste oficio artesanal ligado ao territorio
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou na inauguración da cita que acolle o municipio lucense desde hoxe ata o domingo. José González pon en valor o traballo da Asociación de Amigos da Madeira, impulsora desta iniciativa que apoia o Goberno galego e que contribúe a evolucionar o oficio con esta cita na que se visibiliza a innovación en métodos, técnicas e materiais. Subliña que este labor vai acompañado polo Centro Internacional de Torneiría A Reitoral que alberga Xermade, un espazo situado nunha antiga reitoral rehabilitada e referente na formación e a divulgación deste oficio tradicional. Reafirma o compromiso autonómico coa artesanía de Galicia a través de distintos apoios e medidas e reflectido no Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030.