Novas
A Xunta promove a comercialización de Artesanía de Galicia nunha tenda efémera en Sanxenxo en colaboración coa firma téxtil D-due
O Pop Up Artesanía de Galicia & D-due inclúe pezas de 47 obradoiros artesanais galegos e especializados en olería e cestería tradicional, madeira, tecido, madeira, vidro, estampaxe ou coiro, entre outros
A gastronomía de vangarda volve compartir espazo coas pezas de Artesanía de Galicia nos Pendellos de Agolada
O encontro Corazón da Artesanía, que se celebra esta fin de semana, inclúe demostracións gastronómicas de Artesanía no Prato con recoñecidos chefs galegos como Bea Sotelo, Héctor López, Javier Rodríguez Ponte “Taky” e Jorge Gago. Empregaranse como soporte produtos de 11 obradoiros de Artesanía de Galicia e alimentos gourmet, de Galicia Calidade e de PescadeRías. O X Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia inclúe tamén unha sesión de coctelería a cargo do hostaleiro Willy Gómez
Mercedes Peón e Leilía centran a programación musical do X Corazón da Artesanía en Agolada
Zumaque, Galifunk, Cantigas e Agarimos e Bico da Balouta completan as actuacións musicais desta cita imprescindible no calendario de eventos de Artesanía de Galicia. A Xunta impulsa o encontro que terá lugar nos Pendellos da localidade pontevedresa os días 7, 8 e 9 de xullo e que contará coa participación de 54 artesáns e 30 expositores de produtos de alimentación. Tamén se inclúen cursos de formación; obradoiros gratuítos abertos ao público infantil e adulto; e demostracións gastronómicas coa participación de reputados cociñeiros que ofrecerán os seus menús sobre pezas de Artesanía de Galicia.
Galicia recibe dous galardóns no Congreso Nacional de Formación e Emprego Inclusivo de Granada
O Centro Nacional de Referencia de Artesanía distingue a Fundación Artesanía de Galicia polo seu impulso dos oficios artesanais como modelo de inclusión laboral para persoas con diversidade funcional. Tamén resultou premiado o proxecto de colaboración entre o obradoiro da asociación Apamp, que conta coa marca Artesanía de Galicia, e a empresa téxtil Bimba y Lola.
A Xunta apoia en Ponteceso a incorporación das técnicas da elaboración de redes no deseño de complementos para mascotas
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, e mais a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá en Corme o desenvolvemento dun curso de formación para redeiras. A iniciativa enmárcase no proxecto Enredadas, un exemplo de diversificación deste oficio tradicional en Galicia que está abrindo novas oportunidades noutros ámbitos de actividade como a moda e a decoración