Novas
Román Rodríguez e Miguel Corgos asisten ao XI Encontro de artesanía tradicional e popular de Galicia, que pon en valor o pulo económico do Mercado de Pendellos en Agolada
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e mais o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asistiron hoxe ao XI Encontro de artesanía tradicional e popular de Galicia, que se celebra ao longo de toda a fin de semana en Agolada para poñer en valor o pulo económico do Mercado de Pendellos na localidade do Deza.
Rueda destaca o selo Artesanía de Galicia como factor de identidade que axuda a crear emprego e dinamizar o rural Sinala que a comunidade foi a primeira en posuír un distintivo propio no sector, sendo hoxe “unha marca moi consolidada que dá a volta ao mun
O presidente da Xunta participa na inauguración da XI edición do Corazón da Artesanía. Pon en valor a feira de Agolada como un gran escaparate para “conxugar tradición e vangarda”, así como promocionar o sector, divulgar os oficios tradicionais, crear sinerxías con outras disciplinas ou impulsar novas vocacións. O Goberno galego leva investidos máis de 25,13 millóns de euros para potenciar este sector a través de medidas como ordes de axudas para obradoiros artesanais, concellos e asociacións para impulsar a comercialización e a competitividade.
O Corazón da Artesanía chega esta fin de semana aos Pendellos de Agolada unindo oficios, gastronomía e música
A Xunta organiza o XI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia entre mañá venres e o sábado, no que participarán 51 artesáns de diferentes oficios e 32 expositores de produtos gourmet. No programa de actividades inclúense os concertos de Xabier Díaz e De Vacas, cursos de formación especializada, showcookings de prestixiosos chefs do Grupo Nove ou obradoiros abertos para todos os públicos. A Xunta foi recoñecida co Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría Promociona para Entidades Públicas por esta iniciativa, como un espazo de posta en valor dos oficios tradicionais e de impulso ás sinerxías con outras disciplinas.
A Xunta convoca os Premios Artesanía de Galicia 2024 nos que incrementa a súa aposta pola formación dos novos talentos
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria das tres categorías que conforman estes galardóns e que son o Premio Artesanía de Galicia para unha obra ou colección, Premio Traxectoria para un artesán de sólida traxectoria no sector e as tres Bolsas Eloy Gesto destinadas á formación de novos talentos. Na edición deste ano increméntase a dotación orzamentaria ata os 21.000 euros e o número de Bolsas Eloy Gesto, co obxectivo de apoiar a formación especializada dos novos talentos do sector. As candidaturas poderanse presentar entre o 16 e o 27 de setembro de 2024 de xeito exclusivamente telemático para as categorías Traxectoria e Bolsa Eloy Gesto e presencialmente no caso do Premio Artesanía de Galicia.
José González salienta no Festival Espírito Ribeiro o impulso da Xunta á divulgación da artesanía galega
A Xunta patrocina a organización da cuarta edición desta iniciativa, que arrancou na tarde de onte en Arnoia e mañá remata en Cenlle
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou hoxe en Castrelo de Miño na segunda xornada do evento de enxalzamento do viño e do territorio. Nove profesionais de Artesanía de Galicia participan nunha cita que, ademais, acolle obradoiros abertos a todos os públicos sobre serigrafía, cianotipia e gyotaku. O conselleiro remarcou o carácter vertebrador da artesanía galega e puxo en valor os apoios autonómicos para o fomento da súa comercialización, que incrementan este ano as axudas aos obradoiros artesáns e poden solicitarse ata o vindeiro 29 de xullo.