Novas
A Xunta anima aos artesáns de Coruña a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da Artesanía de Galicia
Talleres artesanais, Concellos e as asociacións profesionais e empresariais do sector poden beneficiarse desta orde de subvencións dotada cun orzamento de 265.000 euros. As achegas apoian a asistencia dos obradoiros a feiras de todo o mundo, ademais de financiar a organización destes eventos desde concellos ou asociacións de artesáns. A orde -que en 2023 acadou case 80 entidades beneficiarias- responde á importancia do sector en Galicia tanto no plano social e cultural como no económico.
A Xunta impulsa a comercialización da marca Artesanía de Galicia a través dunha tenda efémera en Sanxenxo que estará aberta nos meses de xullo e agosto
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a tenda pop up froito da colaboración de Artesanía de Galicia coa marca galega de moda D-due. Nela pódense atopar pezas de 28 obradoiros artesanais galegos especializados en olería, madeira, cerámica, coitelos, cestería tradicional ou téxtil, entre outros. A tenda permanecerá aberta durante os meses de xullo e agosto na rúa Luis Vidal Rocha, 6, en horario de 10,30 a 14,30 h e de 16,30 a 20,30 h.
A Xunta destaca o sector da artesanía como motor para atraer talento e vertebrar o territorio
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a feira Corazón da Artesanía e fixo fincapé no valor da marca Artesanía de Galicia como selo de identidade propia e garantía de calidade. Expuxo que a feira Corazón de Artesanía contribúe a poñer en valor o selo Artesanía de Galicia e a crear sinerxías e colaboracións con outras disciplinas como a gastronomía, a través dos showcookings e degustacións de Artesanía no Prato. Trátase dun grande escaparate do sector avalado por recoñecementos como o Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría para Entidades Públicas. O Goberno galego leva investidos máis de 25,13 millóns de euros para potenciar este sector a través de medidas como ordes de axudas para obradoiros artesanais, concellos e asociacións para impulsar a comercialización e a competitividade.
Román Rodríguez e Miguel Corgos asisten ao XI Encontro de artesanía tradicional e popular de Galicia, que pon en valor o pulo económico do Mercado de Pendellos en Agolada
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e mais o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asistiron hoxe ao XI Encontro de artesanía tradicional e popular de Galicia, que se celebra ao longo de toda a fin de semana en Agolada para poñer en valor o pulo económico do Mercado de Pendellos na localidade do Deza.
Rueda destaca o selo Artesanía de Galicia como factor de identidade que axuda a crear emprego e dinamizar o rural Sinala que a comunidade foi a primeira en posuír un distintivo propio no sector, sendo hoxe “unha marca moi consolidada que dá a volta ao mun
O presidente da Xunta participa na inauguración da XI edición do Corazón da Artesanía. Pon en valor a feira de Agolada como un gran escaparate para “conxugar tradición e vangarda”, así como promocionar o sector, divulgar os oficios tradicionais, crear sinerxías con outras disciplinas ou impulsar novas vocacións. O Goberno galego leva investidos máis de 25,13 millóns de euros para potenciar este sector a través de medidas como ordes de axudas para obradoiros artesanais, concellos e asociacións para impulsar a comercialización e a competitividade.