Novas

Xabier Díaz e De Vacas encabezan a programación musical do Corazón da Artesanía de Agolada

18/06/2024

O XI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se celebra nos Pendellos de Agolada do 5 ao 7 de xullo contará tamén coas actuacións de Comando Curuxás, O Sonoro Maxín, Bico da Balouta e Xirandaina. A Xunta organiza este evento integral de divulgación, comercialización e posta en valor da Artesanía de Galicia que contará coa participación de 53 artesáns e 32 expositores de produtos de alimentación. A Xunta foi recoñecida co Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría Promociona para Entidades Públicas pola iniciativa do Corazón a Artesanía.

A Xunta destaca o papel da artesanía na dinamización comercial das vilas e cidades galegas

16/06/2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá o evento Sabor a Novo, que se celebra durante toda a xornada de hoxe no Pazo de San Lourenzo, en Santiago. A Xunta colabora apoiando a participación de 27 expositores de Artesanía de Galicia e coa organización de dous talleres gratuítos e abertos a todos os públicos sobre cianotipia e gyotaku
.

A Xunta impulsa a remuda na xastrería a través do programa ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’

16/06/2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe á última xornada do curso de iniciación á xastrería artesanal impulsado pola Xunta en Santiago de Compostela. Este curso, pioneiro en España e de 168 horas de duración, estivo impartido polo xastre Fernando Freire, un profesional de longa traxectoria que acaba de abrir o seu propio obradoiro artesanal na capital galega.

A Xunta apoia en Santiago de Compostela a transmisión da marroquinería dentro dos oficios e das técnicas artesanais tradicionais de Galicia

15/06/2024

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu hoxe á última xornada do curso ‘Marroquinería fina. Deseño e elaboración dun chestbag’, enmarcado no programa formativo do Goberno galego ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’. O curso está impartido por Ezequiel Franchi, do obradoiro Raíces Nómadas, finalista nas dúas últimas edicións do Premio Artesanía de Galicia e que xa participou como docente doutro curso de técnicas de marroquinería entre febreiro e marzo.