Novas

A Xunta destaca Regal cerámica como exemplo do papel vertebrador da Artesanía de Galicia

11/01/2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe en Viveiro as instalacións de RegalXunqueira, onde subliñou a importancia do sector artesán na dinamización cultural e económica. Este obradoiro vende as súas pezas en tendas especializadas e galerías de toda España, parte de Europa, América e Asia. A marca Artesanía de Galicia, que engloba a 789 obradoiros que realizan 88 actividades artesanais diferentes, é recoñecida a nivel nacional e internacional como sinal de calidade.

Artesanía de Galicia protagoniza o Mercado de Nadal de Ourense

02/01/2023

O delegado provincial, Gabriel Alén Castro, participou esta mañá na inauguración do Mercado de Nadal que se pode visitar no 2º andar do Liceo de Ourense ata o xoves 5 de xaneiro.
A Fundación Artesanía de Galicia patrocina este evento de comercialización do produto artesán galego durante a campaña de Nadal, no que participan 8 obradoiros da marca Artesanía de Galicia especializados na xoiería, na cerámica, na bixutería e na madeira.

A Xunta promove a Artesanía de Galicia no comercio de proximidade

28/12/2022

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe en Santiago o comercio Boles Galicia, dentro da campaña Vive o Nadal con Artesanía de Galicia. Explica que esta iniciativa trata de fomentar as compras en establecementos adheridos a Artesanía de Galicia, onde se poden adquirir pezas únicas e exclusivas saídas dos 789 obradoiros galegos con esta distinción. Sinala que o obxectivo é que esta marca sexa un dos maiores reclamos do comercio galego e de seguir sumando moitos máis establecementos que comercialicen produtos artesanais.

A Xunta apoia a comercialización da artesanía de Galicia no Nadal compostelán

18/12/2022

A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá a 11ª edición do Mercado da Estrela no que participan 33 obradoiros da marca. Durante esta fin de semana estase a celebrar na Rúa de San Pedro a tenda efémera ‘Feria non Leria’ na que se pode atopar o traballo doutros cinco obradoiros artesanais, que conta tamén co apoio da Administración autonómica.

Santiago Besteiro gaña o Premio Nacional de Artesanía na categoría de Emprendemento

16/12/2022

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron en Madrid á gala de entrega dos galardóns. A Fundación Artesanía de Galicia resultou finalista na categoría Promociona para Entidades Públicas, polo encontro Corazón da Artesanía, que se celebra en Agolada
O obradoiro de tornería Vikensen (Tomiño) competía tamén como finalista na categoría de Emprendemento. Desde a creación destes galardóns no ano 2006, o sector artesán galego ten recibido 13 premios e unha mención especial, ademais de ser finalistas en numerosas ocasións.