Novas

A Xunta analiza no pleno da Comisión Galega da Artesanía a situación e o futuro do sector

06/03/2023

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presidiu esta mañá a reunión na que se informou os representantes do sector das novas axudas de dinamización para o sector artesán, así como da nova Lei de Artesanía, en proceso de tramitación.

Artesanía de Galicia participa en Murcia na reunión do Observatorio Nacional da Artesanía

31/01/2023

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu a unha nova reunión deste foro impulsado por Fundesarte, do que forman parte as administracións públicas de toda España e no que as principais liñas de debate foron a comercialización e a internacionalización da artesanía.

A Xunta destaca en Vigo o labor de inclusión social que fai Apamp a través da artesanía

29/01/2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral, onde se presentou a marca A Casa Rodante, coa que se comercializan as pezas elaboradas polos usuarios desta entidade.

A Xunta impulsa a comercialización da Artesanía de Galicia con apoios para a participación en encontros nacionais e internacionais e a organización de feiras

27/01/2023

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación vén de conceder axudas por preto de 164.000€ para un total de 59 obradoiros para a asistencia a feiras profesionais dentro e fóra de España, así como para feiras de venda directa. A Asociación de Artesáns de Ourense, así coma os concellos de Tui, Monforte de Lemos e Camariñas resultaron tamén beneficiarios desta convocatoria.

A Xunta impulsa a internacionalización da artesanía de Galicia no mercado nórdico a través da súa participación na feira profesional Formex

17/01/2023

A Fundación Artesanía de Galicia regresa á feira profesional Formex, que se celebra en Estocolmo ata o venres, cunha colección de pezas de artesanía tradicional e contemporánea que reúne o traballo de 37 obradoiros artesanais. Como resultado deste apoio á comercialización e á promoción do produto artesán galego neste tipo de eventos de referencia internacional, Artesanía de Galicia conta xa con 52 puntos de venda en diferentes países e seis distribuidores fóra do país.