Novas

Conde reivindica a Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto como punto de encontro do oficio

16/04/2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu hoxe á 14ª edición deste evento.

Trenor destaca o papel da Mostra do Encaixe de Camariñas como plataforma de divulgación e de renovación do oficio

05/04/2023

A Xunta colabora habitualmente neste encontro que está consolidado como un im-portante escaparate da marca Artesanía de Galicia e un dinamizador económico da zona e do sector artesán galego. O delegado da Xunta invitou a todos os que aínda están a sopesar plans de última hora a visitar este evento porque é un acerto garantido para descubrir a beleza dos encaixes, a mellor gastronomía e a hospitalidade deste concello.

A Xunta impulsa a celebración en Santiago dos Días Europeos da Artesanía on actividades para todos os públicos

30/03/2023

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a tenda de Creativas Galegas, onde se organizan talleres de diferentes oficios e os chamados ‘Escaparates viventes’. Na cidade compostelá apóiase tamén a iniciativa Artesanías no Navalón, que se desenvolve ata mañá venres no CEE Manuel López Navalón, e unha programación de talleres que se celebrarán en diferentes lugares da rúa de San Pedro.

O Consello da Xunta aprobará en abril o proxecto de Lei de Artesanía co obxectivo de impulsar o sector como actividade económica sustentable

29/03/2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe en Cambre os obradoiros de Gaitas Seivane e Laura Delgado Cerámica, no marco dos Días Europeos da Artesanía. Desde 2014 arredor da metade dos novos obradoiros que se rexistraron en Galicia responden a un perfil de novos talentos.

A Xunta impulsa a formación especializada para artesáns nos Días Europeos da Artesanía

28/03/2023

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta tarde o curso de “Conformado de sombreiros de feltro”, impartido por Nina Paulowsky en Baiona. Os Días Europeos da Artesanía é unha iniciativa de divulgación dos oficios artesanais que se celebra ata o domingo 2 de abril en 23 países europeos, no que en Galicia participan máis de 50 artesáns. A Xunta, a través de Artesanía de Galicia, coordina o programa na Comunidade e colabora con diferentes propostas en Vigo, Ourense, Santiago de Compostela, Buño, Ponteceso, Muros, Mondoñedo, Triacastela, Oia, Gondomar e Niñodaguia.