Novas
A Xunta anima as modistas galegas a formar parte da marca Artesanía de Galicia
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá no I Congreso Modistas Galicia, no que falou da relevancia histórica deste oficio tradicional na Comunidade, así como da marca como un valor de futuro para estas profesionais. A marca Artesanía de Galicia engloba diferentes epígrafes vinculados a este oficio coma o de modista, xastre, bordado, tecidos ou encaixe.
Rueda valora o talento e a capacidade da artesanía de Galicia para xerar produtos con personalidade e valor engadido no mercado global
O presidente da Xunta interveu no acto de entrega dos Premios Artesanía 2022. Subliña que desde 2009 a Xunta leva investidos máis de 22 M€ na mellora da promoción, comercialización e formación dos artesáns galegos.
A Xunta lanza a campaña ‘Vive o Nadal con Artesanía de Galicia’ para apoiar a comercialización do produto artesán galego
A iniciativa desenvólvese ata o 5 de xaneiro co obxectivo de animar os consumidores a apostar por pezas da marca Artesanía de Galicia para os seus agasallos de Nadal. A campaña componse de material promocional, así como a publicación en redes sociais dun calendario de advento virtual e vídeos protagonizados por artesáns e tendas adheridas á marca.
A Xunta destaca en Baiona o papel do Espacio Hylica na recuperación dos oficios artesanais
A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá o proxecto impulsado polos obradoiros de Natalia Moreno e Régis Floury, pertencentes á marca Artesanía de Galicia.
Os obradoiros de Santiago Besteiro (Monterroso), Raíces Nómadas (Ribadeo), Verónica Moar (A Coruña) e Laura Delgado (Cambre) compiten como finalistas do Premio Artesanía de Galicia 2022
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presidiu o xurado destes galardóns que buscan estimular o traballo de creación dos artesáns galegos, recoñecer a súa mellora continua e contribuír ao seu desenvolvemento. Os gañadores das tres categorías que conforman os galardóns, Premio Artesanía de Galicia, Premio Traxectoria e Bolsa Eloy Gesto, daranse a coñecer nun acto público que se celebrará no mes de decembro.