Novas
A Xunta achégalle os oficios artesanais aos máis novos co proxecto ‘Artesanía na Escola’
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, presentaron esta mañá esta iniciativa no CEIP Monte dos Postes de Santiago. A primeira das unidades didácticas está dedicada ao oficio tradicional da elaboración de zocos a través da figura de Elena Ferro, e estase a traballar xa noutras unidades dedicadas á ourivería compostelá, aos instrumentos musicais tradicionais e á cerámica.
A Xunta impulsa seis cursos de formación para potenciar a remuda xeracional nos oficios artesanais
A Fundación Artesanía de Galicia inicia o seu programa formativo de 2024 con seis cursos especializados na ourivería, na tapicería, no tecido, na marroquinería, na costura e na tornería de madeira que se desenvolverán ata abril. Esta iniciativa enmárcase no programa Aprender da tradición. Oficios e técnicas, iniciado o ano pasado e destinado á mellora continua dos profesionais da artesanía e á captación de novos talentos para o sector.
A Xunta impulsa a comercialización da Artesanía de Galicia na feira internacional Formex de Estocolmo
A Fundación Artesanía de Galicia participa ata o xoves nesta feira profesional cunha colección de pezas de artesanía tradicional e contemporánea que reúne o traballo de 27 obradoiros artesanais.
O Mercado de Nadal de Ourense pon en valor os productos de Artesanía de Galicia
O delegado provincial, Gabriel Alén Castro, participou esta mañá na inauguración do Mercado de Nadal que se pode visitar no 2º andar do Liceo de Ourense ata o xoves 5 de xaneiro. A Fundación Artesanía de Galicia apoia este evento de comercialización do produto artesán galego durante a campaña de Nadal, no que participan 8 obradoiros da marca Artesanía de Galicia especializados na xoiería, na cerámica, na bixutería e na madeira.
Rueda salienta o valor cultural, tradicional e de emprego do sector artesán para Galicia
O presidente interveu no acto de entrega dos Premios Artesanía de Galicia 2023. Destaca o labor da Fundación Artesanía de Galicia e dos galardoados como referentes a nivel nacional. Recorda a figura de Agapito González, gañador do Premio Traxectoria e falecido fai dez días. Enxalza a calidade do produto autóctono galego, xa que “se é feito en Galicia é ben feito”.