Novas
Lorenzana subliña o espazo conxunto que comparten a artesanía e a gastronomía en Galicia
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, presentou hoxe o libro “Artesanía no Prato” no marco das xornadas que levan o mesmo nome. A publicación elaborada pola Fundación Artesanía de Galicia ilustra, a través diferentes fotografías, o resultado do traballo de colaboración entre 31 obradoiros e 15 restaurantes galegos. Concretamente, destacan as propostas elaboradas por recoñecidos chefs como Lucía Freitas e a ceramista Laura Delgado; Javier Olleros e o artesán da madeira Lorenzo Design; e Pepe Solla e a cerámica de Ana Tenorio. Lorenzana resalta que o obxectivo desta iniciativa é conectar a Marca Artesanía de Galicia coa nova cociña, e levala así ao ámbito da hostalería, o turismo ou a decoración.
A presentación dunha publicación sobre artesanía e gastronomía abre mañá as IV Xornadas Artesanía no prato na Coruña
Mañá domingo ás 11:30 horas en en Expocoruña presentarase o libro no que se recollen propostas fotográficas conxuntas de 12 restaurantes e 31 artesáns especializados en diferentes oficios, así como tres casos de éxito do traballo entre chefs e artesáns. A Xunta organiza a cuarta edición deste encontro ao que está previsto a asistencia de prescritores de medios especializados en gastronomía e decoración, cociñeiros e responsables de tendas de toda España. Nas Xornadas Artesanía no Prato haberá un Espazo Artesanía de Galicia no que participan 31 obradoiros artesanais, e un Espazo Cociña no que 11 chefs de prestixio ofrecerán demostracións gastronómicas empregando pezas de Artesanía de Galicia.
Tres obradoiros de Ribeira, Ourense e Ribadeo competirán polo Premio Artesanía de Galicia 2023
Frouma Atlantic Wood (Ribeira), especializado en madeira; Logaro (Ourense), dedicado á calceta; e Raíces Nómadas Atelier (Ribadeo), que traballa co coiro, resultaron finalistas da categoría principal dos Premios Artesanía de Galicia 2023, impulsados pola Xunta. O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presidiu o xurado destos galardóns que buscan estimular a creatividade no sector da artesanía galega, recoñecer a súa mellora contínua e contribuír ao seu desenvolvemeto e ao relevo xeracional.
A Xunta destaca en Santiago o papel da artesanía como dinamizadora do comercio local
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá o novo local do obradoiro de xoiería artesanal Noroeste Obradoiro, gañador do Premio Produto nos Premios Nacionais de Artesanía 2021 e do Premio Artesanía de Galicia 2016.
A Xunta aposta pola formación para impulsar a competitividade da Artesanía de Galicia e a captación de novos talentos
A través da Fundación Artesanía de Galicia pon en marcha o programa ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’, no marco do cal están programados polo de agora seis cursos centrados na ourivería compostelá, na olería de Buño, na xastrería, no tecido tradicional e na pasamanería. Unha das liñas estratéxicas da Administración autonómica en materia de artesanía é preservar o patrimonio cultural e promover o desenvolvemento económico e a transmisión de técnicas e oficios ás xeracións futuras.