Novas
A Xunta promove en Chantada o vínculo entre a artesanía e a creación téxtil contemporánea
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, abriu esta mañá as xornadas Tecendo Futuros, organizadas pola Consellería de Economía, Industria e Innovación co obxectivo de abordar os oficios e o traballo de diferentes creadores vinculados ao ámbito téxtil desde perspectivas moi diversas. O encontro celébrase entre hoxe e mañá no Espazo Vilaseco en San Cristovo de Mouricios (Chantada) e conta coa participación de 19 poñentes procedentes de Galicia, doutras zonas de España e de países coma Holanda e Reino Unido.
A Xunta apoia a 55 edición do concurso de gaitas de Ponteareas
Artesanía de Galicia estará presente un ano máis no certame a través dos instrumentos que servirán como galardóns e que están elaborados polos obradoiros Gaitas Gil e Sanín Percusión Tradicional.
A Xunta impulsa en Xermade a divulgación do oficio do torneado da madeira
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na inauguración do XXIII Encontro Internacional de Torneiros de Galicia, que se celebra ata o domingo nesta localidade luguesa. Na programación deste ano inclúense demostracións de profesionais de recoñecido prestixio como Stewart Furini, Jean Claude Charpignon e Paco Boyero, así como o torneiro Lolo Castro, gañador do Premio Traxectoria nos Artesanía de Galicia 2018.
Lorenzana anima a visitar a Feira Tradicional dos Remedios de Ponteareas, escaparate dos oficios tradicionais galegos
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe a XV edición desta feira. O evento constitúe un punto de encontro e de divulgación da marca Artesanía de Galicia e dos oficios artesanais, así como unha data de referencia vinculada ao turismo da zona.
A Xunta impulsa unhas xornadas internacionais sobre a creación téxtil contemporánea en Chantada
A Consellería de Economía, Industria e Innovación organiza o encontro ‘Tecendo Futuros’, que se celebrará os días 30 de setembro e 1 de outubro. O obxectivo é abordar os oficios e o traballo de diferentes creadores vinculados ao ámbito téxtil desde perspectivas diversas. Os interesados poden realizar a inscrición a través da páxina web da Fundación Artesanía de Galicia.