Novas

A Xunta activa axudas por 1,5 M€ para impulsar a economía circular no sector comercial e artesán

08/09/2023

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presentou esta mañá na Coruña o programa co que se apoia a adquisición de solucións sustentables de envasado e empaquetado. A iniciativa, que hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG), estará aberta á presentación de solicitudes ata o vindeiro 9 de outubro.

Artesanía de Galicia apoia unha iniciativa de APAMP para premiar a creatividade e o oficio da encadernación artesanal

07/09/2023

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participa esta tarde na reunión do xurado do I Premio de Encadernación Artística Apamp impulsado pola Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral Apamp con motivo do 25 aniversario do seu taller de encadernación. Os obxectivos deste certame son poñer en valor o oficio da encadernación, fomentar a actividade artística e creativa das persoas con diversidade funcional e reivindicar a calidade artística e artesanal dos produtos realizados nos talleres de encadernación desta asociación, que forman parte da marca Artesanía de Galicia. As seis obras presentadas serán expostas no local comercial Espazo Rodante, no Centro Comercial A Laxe de Vigo, e o premio consistirá nunha residencia artística dunha semana nos talleres de Apamp.

As redeiras de Corme amosan en París o seu oficio e a nova colección de complementos para mascotas xurdida a raíz do proxecto ‘Enredadas’

26/08/2023

Rosa Rodríguez e Gloria Santos, redeiras de Corme (Ponteceso) participan esta fin de semana na inauguración dunha tenda efémera no mercado Le Bon Marché de París na que realizarán demostracións con aparellos de pesca e personalizarán complementos para mascotas da empresa The Painter’s Wife.
Esta colaboración é o resultado do último dos cursos de formación especializada do proxecto Enredadas, impulsado pola Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Fundación Artesanía de Galicia- e da Consellería do Mar, e dirixido a fomentar a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas

A Xunta impulsa este sábado en Sober a comercialización e difusión da Artesanía de Galicia

15/08/2023

A terceira edición de Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra celébrase o 19 de agosto no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras en horario de 11:00 a 21:00 horas.
O programa de actividades inclúe exposición de produtos de 19 obradoiros, talleres abertos e gratuítos de iniciación ao tecido de tapices, á cerámica e á cestería e unha sesión vermú coa actuación musical de De Vacas.