Novas
As redeiras de Corme amosan en París o seu oficio e a nova colección de complementos para mascotas xurdida a raíz do proxecto ‘Enredadas’
Rosa Rodríguez e Gloria Santos, redeiras de Corme (Ponteceso) participan esta fin de semana na inauguración dunha tenda efémera no mercado Le Bon Marché de París na que realizarán demostracións con aparellos de pesca e personalizarán complementos para mascotas da empresa The Painter’s Wife.
Esta colaboración é o resultado do último dos cursos de formación especializada do proxecto Enredadas, impulsado pola Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Fundación Artesanía de Galicia- e da Consellería do Mar, e dirixido a fomentar a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas
A Xunta impulsa este sábado en Sober a comercialización e difusión da Artesanía de Galicia
A terceira edición de Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra celébrase o 19 de agosto no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras en horario de 11:00 a 21:00 horas.
O programa de actividades inclúe exposición de produtos de 19 obradoiros, talleres abertos e gratuítos de iniciación ao tecido de tapices, á cerámica e á cestería e unha sesión vermú coa actuación musical de De Vacas.
A Xunta apoia o noveno encontro de cacharreiros que se celebra no Museo da Olería de Niñodaguia ata o domingo
A programación inclúe demostracións, obradoiros e venda directa, ademais da actuación musical de Rocío Caamaño esta noite a partir das 21:00 horas
A Xunta de Galicia ofrece ata o domingo en Folgoso do Courel obradoiros abertos para achegarse aos oficios artesáns
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron hoxe a terceira edición do evento Artesanía de Galicia no Courel. Ademais dos talleres para o público adulto e infantil centrados en eidos como a cerámica ou a estampaxe, no programa inclúense tamén 12 cursos de iniciación en diferentes oficios que contan xa con todas as prazas cubertas.
O proxecto Enredadas introduce o oficio das redeiras artesás galegas no ámbito dos complementos para mascotas
A colaboración entre as redeiras de Corme e a empresa The Painter’s Wife é o resultado do último dos cursos de formación especializada que se enmarcan dentro do proxecto Enredadas, impulsado pola Xunta e co que se pretende impulsar a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas. A colección estará dispoñible na tenda online de The Painter’s Wife e será presentada no mercado Le Bon Marché de París, nun evento que terá lugar a finais de agosto.