Novas
Galicia representará a España como país convidado na Porto Design Biennale, que se inaugura a vindeira semana
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe en Santiago na presentación da programación preparada pola Xunta, en colaboración coa Fundación DIDAC, para a ocasión. A programación Galiza. Processos e formas inclúe, entre outras actividades, unha exposición de gran formato na que participan máis dun cento de profesionais e empresas referentes do deseño galego.
A Xunta impulsa a comercialización do sector artesán con axudas por máis de 215.000 euros
A Consellería de Economía, Industria e Innovación apoia un total de 74 obradoiros para a asistencia a feiras profesionais dentro e fóra de España, así como para participar en feiras de venda directa e feiras de Nadal. A Asociación de Artesáns de Ourense, así coma os concellos de Camariñas, Tui e Monforte de Lemos, resultaron tamén beneficiarios deste programa.
A Xunta promove en Chantada o vínculo entre a artesanía e a creación téxtil contemporánea
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, abriu esta mañá as xornadas Tecendo Futuros, organizadas pola Consellería de Economía, Industria e Innovación co obxectivo de abordar os oficios e o traballo de diferentes creadores vinculados ao ámbito téxtil desde perspectivas moi diversas. O encontro celébrase entre hoxe e mañá no Espazo Vilaseco en San Cristovo de Mouricios (Chantada) e conta coa participación de 19 poñentes procedentes de Galicia, doutras zonas de España e de países coma Holanda e Reino Unido.
A Xunta apoia a 55 edición do concurso de gaitas de Ponteareas
Artesanía de Galicia estará presente un ano máis no certame a través dos instrumentos que servirán como galardóns e que están elaborados polos obradoiros Gaitas Gil e Sanín Percusión Tradicional.
A Xunta impulsa en Xermade a divulgación do oficio do torneado da madeira
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na inauguración do XXIII Encontro Internacional de Torneiros de Galicia, que se celebra ata o domingo nesta localidade luguesa. Na programación deste ano inclúense demostracións de profesionais de recoñecido prestixio como Stewart Furini, Jean Claude Charpignon e Paco Boyero, así como o torneiro Lolo Castro, gañador do Premio Traxectoria nos Artesanía de Galicia 2018.