Novas
A Xunta apoia o noveno encontro de cacharreiros que se celebra no Museo da Olería de Niñodaguia ata o domingo
A programación inclúe demostracións, obradoiros e venda directa, ademais da actuación musical de Rocío Caamaño esta noite a partir das 21:00 horas
A Xunta de Galicia ofrece ata o domingo en Folgoso do Courel obradoiros abertos para achegarse aos oficios artesáns
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron hoxe a terceira edición do evento Artesanía de Galicia no Courel. Ademais dos talleres para o público adulto e infantil centrados en eidos como a cerámica ou a estampaxe, no programa inclúense tamén 12 cursos de iniciación en diferentes oficios que contan xa con todas as prazas cubertas.
O proxecto Enredadas introduce o oficio das redeiras artesás galegas no ámbito dos complementos para mascotas
A colaboración entre as redeiras de Corme e a empresa The Painter’s Wife é o resultado do último dos cursos de formación especializada que se enmarcan dentro do proxecto Enredadas, impulsado pola Xunta e co que se pretende impulsar a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas. A colección estará dispoñible na tenda online de The Painter’s Wife e será presentada no mercado Le Bon Marché de París, nun evento que terá lugar a finais de agosto.
A Xunta subliña o papel da mostra Alfaroleiros na divulgación do oficio artesanal da olería
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá o evento no que participan 23 profesionais de olería e cerámica de diferentes zonas de España e Portugal, entre os que se atopan 5 obradoiros da marca Artesanía de Galicia.
A Xunta ultima a estratexia para salvagardar e poñer en valor o conxunto do patrimonio marítimo galego
O conselleiro do Mar inaugurou o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O titular de Mar sinala que está en fase moi avanzada o Plan da Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030, composto por un centenar de medidas. Alfonso Villares destacou que o mar vai máis aló da xeración de riqueza e emprego na comunidade autónoma e forma parte da súa identidade.
A Fundación Artesanía de Galicia tamén colabora nas xornadas de Culturmar con demostracións de carpintería de ribeira e unha feira de obradoiros.