Novas

A Xunta destaca a importancia do oficio tradicional da carpintería de ribeira como piar do patrimonio marítimo galego

15/07/2023

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron na presentación da próxima edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará en Sada entre os días 3 e 6 de agosto.

A Xunta impulsa a divulgación dos oficios artesanais na XIX Feira Outrora de Bóveda

14/07/2023

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou a localidade de Rubián, onde durante toda a xornada se celebran catro obradoiros abertos ao público de iniciación á encadernación, ao gravado, á cerámica de torno e á pintura sobre madeira.

A Xunta abre a convocatoria para participar no III Foro Profesional de Instrumentos Musicais de Tui 'Resonancias23'

13/07/2023

O encontro celebrarase os días 2 e 3 de agosto no marco da XVII edición do festival Música no Claustro e estará centrado na construción artesanal de instrumentos musicais, con especial atención ao emprego de madeiras galegas nestes oficios. Contará coa participación de luthieres de Artesanía de Galicia, músicos, investigadores e expertos en música, artesanía e patrimonio.

Corazón da Artesanía encheu Os Pendellos de Agolada esta fin de semana con máis de 8.000 visitantes

10/07/2023

O encontro organizado pola Xunta permitiu establecer novas relacións comerciais grazas á presenza de prescritores de marcas e tendas especializadas de Londres, Estocolmo e Madrid, entre outros profesionais vinculados á artesanía. Destaca tamén a importante afluencia de público na feira e nos concertos, así como a altísima participación nos talleres abertos durante os tres días do evento. O programa da décima edición amosou o traballo de 53 artesáns de 25 oficios diferentes e contou con 31 expositores de produtos gourmet.

Lorenzana reivindica en Agolada a importancia cultural e económica da artesanía de Galicia

07/07/2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe a décima edición do Corazón da Artesanía, onde sinalou que o número de obradoiros rexistrados alcanza xa os 857, case o dobre que en 2012. Incide en que a través da futura normativa que regulará o sector non só se protexerá o seu valor patrimonial, senón que se seguirá traballando para que continúe xerando emprego de calidade. O encontro, organizado pola Xunta no conxunto histórico-artístico dos Pendellos, permite afondar durante tres días nas sinerxías coa gastronomía e a música.