Novas
A Xunta apoia en Ponteceso a incorporación das técnicas da elaboración de redes no deseño de complementos para mascotas
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, e mais a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá en Corme o desenvolvemento dun curso de formación para redeiras. A iniciativa enmárcase no proxecto Enredadas, un exemplo de diversificación deste oficio tradicional en Galicia que está abrindo novas oportunidades noutros ámbitos de actividade como a moda e a decoración
A Xunta abre a inscrición para os cursos especializados do encontro "Corazón da Artesanía" en Agolada
A Fundación Artesanía de Galicia organiza oito actividades formativas centradas na cestería, no tecido, no coiro, na estampaxe téxtil, na marquetería, no debuxo e máis un obradoiro práctico sobre decoración de mesas. No evento tamén se inclúen obradoiros gratuítos abertos ao público infantil e adulto sobre elaboración de figuras tradicionais con miga de pan, xoguetes de madeira, cestería colaborativa, torno cerámico, tecido e encaixe.
Tres profesionais de Artesanía de Galicia participarán en setembro na 13 edición da Bienal de Cheongju, en Corea do Sur
As pezas da cesteira Idoia Cuesta (Outeiro de Rei), da ceramista Marta Armada (Vigo) e da artesá especializada na escultura téxtil Mercedes Vicente (Brión), formarán parte da colección “Soul+Matter”, a proposta de artesanía española impulsada por Fundesarte. Do 1 de setembro ao 15 de outubro celébrase este encontro de artesanía contemporánea no que España será o país convidado de honra.
O encontro Corazón da Artesanía celebrará en Agolada do 7 ao 9 de xullo a súa décima edición
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta mañá na presentación da programación desta cita de referencia impulsada pola Xunta de Galicia que ten lugar no conxunto histórico-artístico dos Pendellos. Máis de 50 artesáns de diferentes oficios e 30 expositores de produtos de alimentación participarán neste encontro protagonizado pola Artesanía de Galicia, a gastronomía e a música. Entre o programa de actividades destacan obradoiros abertos para todos os públicos, así como cursos especializados en cestería, tecido, coiro, estampaxe téxtil, marquetería e debuxo.
A Xunta retoma a campaña A artesanía di moito de ti para impulsar a comercialización do produto artesán galego
A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación impulsa a segunda edición desta iniciativa dirixida ás tendas adheridas á marca Artesanía de Galicia e coa que se busca impulsar a posta en valor do produto artesán e da marca Artesanía de Galicia entre o comercio de proximidade. O número de establecementos adheridos á marca incrementouse en preto dun 30 % desde o ano pasado. No ámbito internacional continúase coa consolidación no mercado europeo, especialmente o nórdico, grazas á participación en feiras como Formex.