Novas

A Xunta apoia a organización da XIV Feira do Ferro, que regresa a Riotorto o 16 de abril

23/03/2023

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias Fouz, explicou que o Goberno galego leva investidos preto de 80.000 € dende o ano 2007 neste encontro de divulgación e posta en valor do oficio tradicional dos ferreiros na comarca. A través da marca Artesanía de Galicia, varios artesáns deste concello conseguiron introducir os seus produtos no mercado europeo coa súa participación en diferentes edicións da feira profesional Formex, que se celebra en Estocolmo.

A Xunta participa en Sevilla nunha xornada de debate sobre artesanía contemporánea

22/03/2023

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá nunha mesa redonda sobre estratexias de deseño, tecnoloxía, marketing, comercialización, promoción, xestión e formación. Este foro acompaña a exposición “Mestres do futuro. Artesanía e deseño en Europa”, que se pode visitar dende hoxe ata o 31 de maio no Castelo de San Jorge, en Sevilla.

A Xunta aposta pola formación especializada na confección téxtil para profesionais de artesanía de Galicia

07/03/2023

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta tarde en Santiago o curso intensivo de perfeccionamento de remates e patróns, que forma parte da programa de formación especializada para artesáns impulsado pola Administración autonómica.

A Xunta analiza no pleno da Comisión Galega da Artesanía a situación e o futuro do sector

06/03/2023

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presidiu esta mañá a reunión na que se informou os representantes do sector das novas axudas de dinamización para o sector artesán, así como da nova Lei de Artesanía, en proceso de tramitación.

Artesanía de Galicia participa en Murcia na reunión do Observatorio Nacional da Artesanía

31/01/2023

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu a unha nova reunión deste foro impulsado por Fundesarte, do que forman parte as administracións públicas de toda España e no que as principais liñas de debate foron a comercialización e a internacionalización da artesanía.