Novas

A Xunta apoia a 54 edición do concurso rexional de gaitas de Ponteareas

18/09/2021

A Fundación Artesanía de Galicia estará presente nos galardóns do que é o certame galego de gaitas máis antigo, outorgando dous instrumentos elaborados polos obradoiros artesáns Gaitas Gil e Sanín Percusión Tradicional.

A Xunta de Galicia apoia en Xermade a tradición e o futuro do torneado da madeira

17/09/2021

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na inauguración do XXI Encontro Internacional de Torneiros que se celebra durante toda a fin de semana. Fabeiro destacou a presenza da tradición e a mestría a través do saber facer de Lolo Castro e o deseño contemporáneo de Adrián Pena.

A Xunta promove o traballo de 40 obradoiros da marca Artesanía de Galicia no centro histórico de Compostela

11/09/2021

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá o evento ‘Artesanía de Galicia en Compostela’, que se celebra durante toda a fin de semana no claustro de San Martiño Pinario. O evento inclúe durante todo o día demostracións de ourivería e obradoiros gratuítos abertos ao público familiar de iniciación a diferentes oficios tradicionais. O Goberno galego busca con este tipo de eventos de pequeno formato apoiar ao sector artesán na súa adaptación aos novos hábitos de consumo e a novas fórmulas de comercialización, así como achegarlle os oficios tradicionais á sociedade.

A Xunta impulsa esta fin de semana en Santiago de Compostela a comercialización e a divulgación da Artesanía de Galicia

07/09/2021

O evento Artesanía de Galicia en Compostela celebrarase o 11 e 12 de setembro en San Martiño Pinario e contará coa participación de preto de 40 artesáns especializados en oficios como a xoiería, a talla de madeira, os xoguetes, a forxa, a estampaxe, o coiro, o tecido artesanal, os complementos de moda, a escultura e o téxtil. A programación inclúe obradoiros gratuítos abertos ao público familiar sobre iniciación á olería, elaboración de figuras de miga de pan, tecido, pintura sobre madeira e palla trenzada. Os ourives Ricardo Rivas e Julio Lado encargaranse de amosarlle ao público as técnicas que fixeron deste oficio un referente da cultura da capital galega .

A Xunta promove a divulgación dos oficios artesanais galegos na 39 Mostra de Artesanía do Couto

04/09/2021

A Fundación Artesanía de Galicia patrocina tres obradoiros de iniciación á olería, á cestería e á estampaxe manual, que se celebrarán mañá domingo en Ponteceso no marco da programación do Festiletras