Novas

A Xunta pon á familia de ourives composteláns Lado como exemplo de marca Galicia xa que forma parte do patrimonio cultural e artístico da Comunidade

06/08/2021

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe a mostra ‘Lado. Unha saga de ourives composteláns’, organizada coa colaboración de Artesanía de Galicia. Asegurou que esta exposición supón todo un atractivo na axenda cultural do Xacobeo para quen queira coñecer un dos grandes nomes da artesanía galega. Permanece aberta unha liña de axudas para impulsar a comercialización física que vai destinada a obradoiros, concellos e asociacións.

A Xunta impulsa o Foro de Instrumentos Musicais #Resonancias do festival ‘Música no Claustro’

04/08/2021

Artesanía de Galicia estará presente neste encontro profesional que se celebra hoxe e mañá na Catedral de Tui e que está centrado na investigación, documentación, innovación, restauración e conservación dos instrumentos. O Goberno galego colabora por sexta edición consecutiva co festival Música no Claustro, que consegue xuntar música, artesanía e patrimonio histórico nunha cita xa consolidada na programación cultural deste concello.

A Xunta destaca a oportunidade que supón "Mostrart" para exhibir toda a creatividade e o valor artístico de Artesanía de Galicia

01/08/2021

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou este mediodía na Coruña na inauguración da 37 edición da feira que se levará a cabo nos Xardíns de Méndez Núñez ata o 29 de agosto. Participan un total de 73 artesáns, dos cales 54 son obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía especializados no coiro, o téxtil, os complementos con cunchas mariñas, a xoiería ou a cerámica, entre outros. O Goberno galego ten aberta a convocatoria de axudas para facilitar aos obradoiros a comercialización da artesanía galega en feiras.

A Xunta pon en valor os oficios artesanais na apertura de 'Artesanía de Galicia no Courel'

30/07/2021

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, foron hoxe ata Folgoso do Courel para inaugurar a programación de obradoiros artesanais que se celebrarán ata o 8 de agosto. A iniciativa inclúe a realización de 16 obradoiros de iniciación a diferentes oficios como a ourivería, a ilustración, o gravado, o manipulado de papel, a cestería, o bordado, a madeira, a olería, a creación de cianotipias ou a estampaxe.