Novas
A Xunta impulsa en Santiago o Primeiro Encontro Profesional Galego de Construción de Instrumentos Musicais
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá o evento, que se celebra no Colexio Maior Santo Agostiño. Na programación inclúense debates e conferencias sobre formación, comercialización, presentación de instrumentos de cinco luthieres de Artesanía de Galicia, música en directo e unha exposición de instrumentos.
A Xunta promove en Cambre un curso especializado en tintes naturais para profesionais de Artesanía de Galicia
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá o desenvolvemento do curso de formación de tina de índigo para fibras vexetais, no que participan unha decena de artesáns. O curso estase a celebrar desde onte no taller de Belategui Regueiro e está impartido por Marian Martínez González, de Kokoro Índigo Culture, especialista no tinguido con esta planta.
A Xunta ten aberto ata o 29 de maio o prazo para presentar solicitudes á convocatoria de axudas para o fomento da comercialización de artesanía galega
A delegada territorial en Ferrol visitou esta mañá o establecemento Tenda Fina, en Santo André de Teixido, dedicada á elaboración de figuras de pan tradicionais. Obradoiros artesanais, Concellos e as asociacións profesionais e empresariais do sector poden beneficiarse desta orde de subvencións. O crédito orzamentario desta convocatoria da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación ascende a 265.000 euros.
A XXVI Feira de Artesanía de Ourense conta coa participación de 19 obradoiros de Artesanía de Galicia
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañada pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, e o director do Centro de Referencia Nacional de Artesanía, Antonio Suárez, visitou esta mañá a feira que se celebra na rúa do Paseo ata o domingo 7 de maio. Nesta edición participan obradoiros artesanais especializados en cerámica, xoiería, bixutería, marroquinería, arranxos florais, esmaltes e téxtil. Na programación da feira inclúense obradoiros de cestería, olería, instrumentos musicais e la de ovella autóctona.
A Xunta impulsa a comercialización da Artesanía de Galicia con apoios para a participación e a organización de feiras
A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación acaba de publicar un programa de axudas por 265.000 euros do cal poden beneficiarse obradoiros artesanais, concellos e asociacións profesionais e empresariais do sector. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 29 de maio.