Novas

Mercedes Peón e Leilía centran a programación musical do X Corazón da Artesanía en Agolada

26/06/2023

Zumaque, Galifunk, Cantigas e Agarimos e Bico da Balouta completan as actuacións musicais desta cita imprescindible no calendario de eventos de Artesanía de Galicia. A Xunta impulsa o encontro que terá lugar nos Pendellos da localidade pontevedresa os días 7, 8 e 9 de xullo e que contará coa participación de 54 artesáns e 30 expositores de produtos de alimentación. Tamén se inclúen cursos de formación; obradoiros gratuítos abertos ao público infantil e adulto; e demostracións gastronómicas coa participación de reputados cociñeiros que ofrecerán os seus menús sobre pezas de Artesanía de Galicia.

Galicia recibe dous galardóns no Congreso Nacional de Formación e Emprego Inclusivo de Granada

23/06/2023

O Centro Nacional de Referencia de Artesanía distingue a Fundación Artesanía de Galicia polo seu impulso dos oficios artesanais como modelo de inclusión laboral para persoas con diversidade funcional. Tamén resultou premiado o proxecto de colaboración entre o obradoiro da asociación Apamp, que conta coa marca Artesanía de Galicia, e a empresa téxtil Bimba y Lola.

A Xunta apoia en Ponteceso a incorporación das técnicas da elaboración de redes no deseño de complementos para mascotas

16/06/2023

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, e mais a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá en Corme o desenvolvemento dun curso de formación para redeiras. A iniciativa enmárcase no proxecto Enredadas, un exemplo de diversificación deste oficio tradicional en Galicia que está abrindo novas oportunidades noutros ámbitos de actividade como a moda e a decoración

A Xunta abre a inscrición para os cursos especializados do encontro "Corazón da Artesanía" en Agolada

13/06/2023

A Fundación Artesanía de Galicia organiza oito actividades formativas centradas na cestería, no tecido, no coiro, na estampaxe téxtil, na marquetería, no debuxo e máis un obradoiro práctico sobre decoración de mesas. No evento tamén se inclúen obradoiros gratuítos abertos ao público infantil e adulto sobre elaboración de figuras tradicionais con miga de pan, xoguetes de madeira, cestería colaborativa, torno cerámico, tecido e encaixe.

Tres profesionais de Artesanía de Galicia participarán en setembro na 13 edición da Bienal de Cheongju, en Corea do Sur

10/06/2023

As pezas da cesteira Idoia Cuesta (Outeiro de Rei), da ceramista Marta Armada (Vigo) e da artesá especializada na escultura téxtil Mercedes Vicente (Brión), formarán parte da colección “Soul+Matter”, a proposta de artesanía española impulsada por Fundesarte. Do 1 de setembro ao 15 de outubro celébrase este encontro de artesanía contemporánea no que España será o país convidado de honra.