Novas

A Xunta participa na entrega das xoias da Virxe do Faro de Chantada elaboradas nun obradoiro de Artesanía de Galicia

08/09/2024

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu hoxe á Romaría do Faro Grande, no Monte Faro, na que se fixo entrega á Virxe das xoias elaboradas nun obradoiro impartido pola ourive compostelá Susi Gesto. Con este tipo de iniciativas o Goberno galego contribúe a divulgar os oficios artesanais e a poñer en valor o traballo dos profesionais deste sector.

A Xunta impulsa o achegamento aos oficios artesanais na Feira dos Remedios de Ponteareas

07/09/2024

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou a XVI edición deste evento que se celebra ata mañá na vila pontevedresa e no que participan 10 obradoiros de Artesanía de Galicia. Ademais, a Xunta apoia demostracións en vivo, así como tres talleres gratuítos para iniciar o público na cerámica de torno, na pintura sobre madeira e sobre téxtil e na estampaxe coa técnica do gyotaku.

A Xunta impulsa a divulgación da Artesanía de Galicia na XLII edición do Festiletras de Ponteceso

28/08/2024

A Fundación Artesanía de Galicia patrocina tres obradoiros para o público infantil impartidos polas artesás Elena Ferro, Leonor Díaz e Rosa Rodríguez e dedicados aos oficios de elaboración de zocos, pintura sobre madeira e técnicas das redeiras.

A Xunta reunirá en setembro en Chantada a profesionais nacionais de referencia para debater sobre innovación e economía circular na artesanía

27/08/2024

Esta cita denominada Novas artesanías para novas ecoloxías terá lugar o 21 e o 22 de setembro en San Cristovo de Mouricios co fin de reflexionar sobre unha nova realidade vinculada aos novos materiais e sobre os materiais tradicionais do rural. Está comisariada pola arquitecta e deseñadora de moda experimental especializada en novos materiais, artesanías innovadoras e fabricación dixital, Raquel Buj, de Madrid; e polo arquitecto, deseñador e ceramista Carlos Jiménez, de Murcia. Incluirá conferencias e mesas redondas nas que profesionais como ceramistas, persoas vencelladas ao deseño gráfico e téxtil, así como á investigación de novos materiais e técnicas, afondarán no uso de novos materiais e tendencias no sector.

A Xunta reivindica en Sober o labor fundamental de Artesanía de Galicia a prol dos oficios tradicionais e da vertebración do territorio

24/08/2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá na apertura do evento Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra. Destacou a aposta do Goberno galego por este tipo de eventos para impulsar a comercialización do produto artesán galego, divulgar os oficios tradicionais e consolidar a marca Artesanía de Galicia. O evento celébrase ao longo de toda a xornada no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras (Sober) en horario de 11,00 a 21,00 h. O programa de actividades inclúe exposición de produtos de 18 obradoiros da marca Artesanía de Galicia, talleres abertos e gratuítos de cerámica de torno, cianotipias e remate de xoguetes de madeira e a actuación musical da Banda de Música de Sober.