Novas
A Xunta reunirá en setembro en Chantada a profesionais nacionais de referencia para debater sobre innovación e economía circular na artesanía
Esta cita denominada Novas artesanías para novas ecoloxías terá lugar o 21 e o 22 de setembro en San Cristovo de Mouricios co fin de reflexionar sobre unha nova realidade vinculada aos novos materiais e sobre os materiais tradicionais do rural. Está comisariada pola arquitecta e deseñadora de moda experimental especializada en novos materiais, artesanías innovadoras e fabricación dixital, Raquel Buj, de Madrid; e polo arquitecto, deseñador e ceramista Carlos Jiménez, de Murcia. Incluirá conferencias e mesas redondas nas que profesionais como ceramistas, persoas vencelladas ao deseño gráfico e téxtil, así como á investigación de novos materiais e técnicas, afondarán no uso de novos materiais e tendencias no sector.
A Xunta reivindica en Sober o labor fundamental de Artesanía de Galicia a prol dos oficios tradicionais e da vertebración do territorio
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá na apertura do evento Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra. Destacou a aposta do Goberno galego por este tipo de eventos para impulsar a comercialización do produto artesán galego, divulgar os oficios tradicionais e consolidar a marca Artesanía de Galicia. O evento celébrase ao longo de toda a xornada no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras (Sober) en horario de 11,00 a 21,00 h. O programa de actividades inclúe exposición de produtos de 18 obradoiros da marca Artesanía de Galicia, talleres abertos e gratuítos de cerámica de torno, cianotipias e remate de xoguetes de madeira e a actuación musical da Banda de Música de Sober.
A Xunta destaca o papel da XIV Feira de artesanía e produtos da terra do Incio a prol da divulgación dos oficios tradicionais e do impulso do comercio local
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe este evento, que se celebra na Praza España do Incio, en horario de 11,30 a 16,30 h. O programa de actividades inclúe exposición de produtos de oito obradoiros da marca Artesanía de Galicia e talleres abertos e gratuítos de pintura sobre tecido e gyotaku.
A Xunta impulsa este sábado en Sober a cuarta edición de Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra
O evento celébrase o sábado 24 de agosto no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras (Sober), en horario de 11,00 a 21,00 h, co obxectivo de potenciar a comercialización do produto artesán galego, difundir os oficios tradicionais e consolidar a marca Artesanía de Galicia. O programa de actividades inclúe exposición de produtos de 19 obradoiros da marca Artesanía de Galicia, talleres abertos e gratuítos de cerámica de torno, cianotipias e remate de xoguetes de madeira e a actuación musical da Banda de Música de Sober.
A Xunta impulsa a divulgación da Artesanía de Galicia na XIV Feira de artesanía e produtos da terra do Incio
O evento celébrase o próximo xoves 22 de agosto na Praza España do Incio, en horario de 11,30 a 16,30 h., co obxectivo de potenciar a comercialización do produto artesán galego, de difundir os oficios artesanais e de consolidar a marca Artesanía de Galicia. O programa de actividades inclúe exposición de produtos de oito obradoiros da marca Artesanía de Galicia e talleres abertos e gratuítos de pintura sobre tecido e gyotaku.