Novas

Aitor Martínez, Julia de la Cal e Santiago Besteiro competirán polo Premio Artesanía de Galicia 2024

25/10/2024

O director xeral de Comercio e Consumo presidiu a reunión do xurado destes galardóns que buscan estimular a creatividade dos artesáns galegos, recoñecer a súa traxectoria e incentivalos a mellorar con especial atención ás novas xeracións. O galardón está dotado con 9.000 euros e darase a coñecer nun acto público que se celebrará no mes de decembro, xunto cos gañadores das outras dúas categorías, o Premio Traxectoria e as tres Bolsas Eloy Gesto.

A Xunta destaca a Elena Ferro como un referente na actualización dos oficios artesanais tradicionais

24/10/2024

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe na xornada Elena Ferro: creatividade na pel, dentro do ciclo De pioneiras e andainas,  organizado polo Consello da Cultura Galega. No evento participaron tamén outras profesionais de Artesanía de Galicia como Mónica Cao, Julia Marín e Mercedes Veites.

Dous artesáns galegos optan como finalistas aos XVII Premios Nacionais de Artesanía 2024

23/10/2024

O torneiro de Tomiño, Aitor Martínez, recentemente galardoado co Premio Talento Joven do Círculo Fortuny, opta ao Premio Produto pola súa colección “Códigos del alma”. O ebanista Fran Millán, de Frouma Atlantic Wood, en Ribeira, e gañador do Premio Artesanía de Galicia 2023, é candidato ao Premio Emprendemento polo seu traballo de creación de mobles con madeira de batea recuperada. Na edición deste ano participaron 80 candidaturas das que o xurado seleccionou 15 finalistas, tres para cada categoría de premios que son, Nacional de Artesanía, Produto, Emprendemento, Promociona Entidades Públicas e Promociona Entidades Privadas.

A Xunta pon en valor a castaña na Casa de Galicia en Madrid polo seu potencial natural, gastronómico, turístico e artesán

12/10/2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe o proxecto Toma castaña. Galicia, que ademais de contar cunha área expositiva promove un programa de accións divulgativas. Inclúese unha mostra das pezas de Artesanía de Galicia relacionadas coa castaña e un obradoiro de iniciación á cestería impartido pola artesá Julia da Cal.

A Xunta destaca citas como o ’Corazón da Artesanía‘ para poñer en valor os nosos oficios e garantir a remuda xeracional

11/10/2024

O director xeral de Comercio e Consumo respondeu na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo sobre este evento que se desenvolveu en xullo en Agolada coa presenza de 52 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia. Gabriel Alén destacouno como referente, con máis de 5.000 persoas asistentes e vendas e contratos asinados a nivel nacional e internacional de grande relevancia para o noso sector artesán. Apostou pola continuidade de actos coma este co gallo de garantir o futuro da artesanía galega, ao tempo que puxo de relevo apoios da Xunta ou o programa pioneiro que está a desenvolver novos cursos para asegurar a remuda xeracional.