Azulexado contemporáneo esgrafiado. PRAZAS ESGOTADAS
Número de prazas
8
Lugar de celebración
Agolada (Pontevedra)
Data de inicio
03/07/2026
Descrición datas e horarios
Do 3 ao 5 de xullo: 11:00 - 14:00 + 16:00 - 21:00
Descrición
Impartido por Carlos Jiménez de DelAmorYlaBelleza - Murcia
As persoas asistentes traballarán as técnicas do azulexado tradicional esgrafiado, realizando catro azulexos de 20 x 20 centímetros en barro vermello local, sobre os que se aplicarán engobes elaborados por cada participante usando de base o mesmo barro local e óxidos naturais. A continuación traballarase a técnica do esgrafiado cerámico ata conseguir representar calquera motivo que se desexe.
Dirixido a profesionais da artesanía cerámica, deseñadores e interesados no traballo con azulexos.
Número de alumnos: 8 / Prezo: 45 euros