Formación en xastrería artesanal. Elaboración dunha chaqueta de traxe (Prazas esgotadas)
Horario: 10.00 a 14.00 e 16.00 a 20.00 horas
Docentes: Fernando Freire e Ramón Lareo
Total horas: 120
Programa:
- Presentación, estrutura da xastrería artesanal e do papel dos oficiais na mesma. Toma de medidas e a súa interpretación. Pasar fíos e cortar entreforros.
- Manexo do ferro de pasar, reentrado das distinta pezas dándolle volume e forma anatómica ao tecido.
- Montar proba. Coser á máquina as pinzas e as costuras definitivas, preparar entreforros cos plastrons e ganduxalas nos dianteiros. Ganduxar o resto das costuras.
- Proba real da chaqueta e afinado. Preparar avíos. Pasar fíos e embolsillar.
- Pasamán suxeitando quiebre e o entreforro nos cantos. Reentrar a traseira
- Picar solapas e colocar as vistas. Montar ombros, costados e aberturas.
- Colar e colo. Taladro sisas.
- Afinado e colocación de mangas.
- Forrar, cosido á man do forro
- Rematar, puntos á man nos bordos
- Ollais, desganduxar, pasada de ferro e cosido de botóns
Nesta acción formativa terán prioridade os artesáns ou artesás inscritos/as no RX de Artesanía de Galicia, docentes e estudantes de escolas do eido do téxtil. As persoas non inscritas deberán achegar na solicitude un currículo coa formación ou decrición dos coñecementos do oficio dos que dispoñan.