Proxecto Bolina: Tecendo mobles do mar PRAZAS ESGOTADAS

Número de prazas
15
Data de inicio
03/07/2026
Descrición datas e horarios
Do 3 ao 5 de xullo: 11:00 - 14:00 + 16:00 - 21:00
Descrición

Impartido por Amalia Puga - A Guarda  [Pontevedra] 

Tres días para aprender a crear a túa propia colección de mobiliario empregando técnicas tradicionais de confección de redes de pesca. Partindo de técnicas tradicionais de atado de nós e materiais que regresan do mar, crearanse diferentes pezas de mobiliario que combinen deseño, experimentación e artesanía. Dirixido a profesionais da artesanía, do deseño e persoas interesadas na decoración de interiores. 

Número de alumnos: 15 /  Prezo: 45 euros