String art: Creación de pezas decorativas con fío tenso PRAZAS ESGOTADAS
Número de prazas
6
Lugar de celebración
Ribadavia (Ourense)
Data de inicio
03/05/2026
Descrición datas e horarios
Domingo, 3 de maio
11:00 a 14:00 | 16:00 a 19:00 horas
11:00 a 14:00 | 16:00 a 19:00 horas
Descrición
Impartido por Madejas Tejerlo
Prezo: 35€
Contido: O taller introduce ás persoas participantes na técnica da arte con fío tensado sobre soporte ríxido, unha práctica creativa que combina precisión, deseño e traballo manual. Ao longo da xornada, aprenderase a crear composicións decorativas mediante o uso de fíos e cravos sobre madeira, desenvolvendo pezas visuais a partir de patróns xeométricos ou formas sinxelas. O taller estrutúrase de forma progresiva: comezando cunha peza de iniciación durante a sesión de mañá para adquirir soltura coa técnica, e avanzando cara a unha creación de maior tamaño e complexidade na sesión de tarde.