Tinguido con tinguiduras acedas e elaboración de dengue galego PRAZAS ESGOTADAS

Número de prazas
6
Lugar de celebración
Ribadavia (Ourense)
Data de inicio
02/05/2026
Descrición datas e horarios
Data: Sábado, 2 de maio
Horario: 11:00 a 14:00 | 16:00 a 19:00 horas
Descrición

Impartido polo obradoiro Madejas Tejerlo

Prezo: 35€

Contido:

Este taller propón unha experiencia completa que combina o tinguido artesanal de la coa creación dunha peza tradicional galega. Durante a sesión de mañá, as persoas participantes aprenderán a tinguir fío de la utilizando tinguiduras acedas, explorando diferentes técnicas para obter efectos variados sobre a fibra. Cada participante tinguirá dúas madeixas aplicando métodos distintos, o que permitirá comprender como inflúen a cor, a auga e a manipulación do fío no resultado final. Na sesión de tarde, utilizarase unha das madeixas tinguidas para comezar a elaboración dun dengue galego, unha peza tradicional reinterpretada desde unha perspectiva contemporánea.