As xornadas Oficio, arquitectura e territorio buscan crear un espazo de encontro entre a arquitectura e os oficios ligados á construción, así como incidir na relación das culturas construtivas locais co carácter propio de cada paisaxe e de cada territorio. O programa estrutúrase nunha serie de diálogos temáticos que poñerán o foco sucesivamente na colaboración en obras actuais entre arquitectos e mestres da construción, nas conexións entre os oficios e a identidade de cada comunidade, na transmisión do coñecemento propio dos oficios na actualidade e no vínculo existente entre este tipo de traballos e o lugar no que se desenvolven.
Comisariadas por Alejandro García Hermida @almenara.arch
Organizadas en colaboración co Espacio Vilaseco @galeriavilasecolab e Fundación Culturas Constructivas Tradicionales @culturasconstructivas
Máis información e inscricións